Susanna Tamaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Susanna Tamaro, nada en Trieste o 12 de decembro de 1957, é unha novelista italiana que tamén exerceu de documentalista científica e como asistente de dirección cinematográfica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou cinematografía en Roma e realizou diversos documentais para a RAI. Susanna comezou a súa carreira no ano 1989 coa novela La testa tra le nuvole gañadora do premio Elsa Morante. Máis tarde en 1991 lanza o seu segundo traballo, un libro de relatos titulado Per voce sola, que a deu a coñecer a un público máis internacional ao ser traducido a diversos idiomas e ser premiada polo Pen Club International. En 1992 lanza o seu primeiro libro de contos para nenos Cuore dei ciccia (Corazón de Ciccia), ao que lle seguirán nos anos posteriores Il cerchio magico (1994), Tobías y el ángel (1998) e Papirofobia (2000).

No ano 1994 aparece Va dove ti porti il cuore (Donde el corazón te lleve), coñecida internacionalmente e traducida a máis de 35 idiomas, aparte de ser levada ao cine no ano 1996 baixo a dirección de Cristina Comencini. En España, esta obra vendeu máis dun millón de exemplares, o cal brindoulle un camiño de éxitos internacionais.

Anima mundi (1997), a súa seguinte obra, tamén logrou conquistar os eloxios do público e da crítica internacional. A esta novela hai que engadir outros libros, como a recompilación de artigos Cara Mathilda. Lettere a un'amica (1998) ou o ensaio Verso casa (1999).

No ano 2001 volve cultivar a narrativa de ficción co libro de relatos Respondimi, que obtén gran repercusión, do mesmo xeito que Più fuoco più vento (2002), Fuori (2003) e Ogni parola é un seme, recompilación de varios ensaios da autora, que se publica no ano 2005.

Ascolta la mia voce aparece no ano 2007 e convértese nun fenómeno editorial. Trátase da segunda parte da súa exitosa novela Va' dove ti porta il cuore.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La testa tra le nuvole: (La cabeza entre las nubes), 1989
  • Per voce sola (Para una voz sola), 1991
  • Cuore di ciccia (Corazón de Ciccia), 1992
  • Il cerchio magico (El círculo mágico), 1994
  • Va' dove ti porta il cuore (Donde el corazón te lleve), 1994
  • Anima Mundi (Anima Mundi) (1997)
  • Cara Mathilda. Lettere a un'amica (Querida Mathilda. Carta a una amiga), 1997
  • Tobia e l'angelo (Tobías y el ángel), 1998
  • Verso casa (El misterio y lo desconocido), 1999
  • Papirofobia (2000)
  • Respondimi (Respóndeme), 2001
  • Più fuoco più vento (Más fuego, más viento), 2002
  • Fuori (Fuera), 2003
  • Ogni parola é un seme (Cada palabra es una semilla), 2005
  • Ascolta la mia voce (Escucha mi voz), 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Susanna Tamaro

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]