Superman (filme de 1978)
| Superman | |
|---|---|
| Título orixinal | Superman |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Richard Donner |
| Produtor | Richard Lester Charles F. Greenlaw Alexander Salkind Ilya Salkind Pierre Spengler |
| Guión | Mario Puzo David Newman Leslie Newman Robert Benton |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Marlon Brando Gene Hackman Christopher Reeve Ned Beatty Jackie Cooper Glenn Ford Margot Kidder Valerie Perrine Marc McClure Jeff East Trevor Howard |
| Música | John Williams |
| Fotografía | Geoffrey Unsworth |
| Montaxe | John Glen |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | |
| Ano | 1978 |
| Duración | 143 min. |
| País | Estados Unidos Reino Unido |
| Xénero | Acción Ciencia ficción |
| Orzamento | 55 millóns de dólares |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | Superman II |
| Ficha en IMDb | |
Superman é unha película sobre o personaxe de cómic Superman, a primeira da serie fílmica de Superman.
Foi candidata a tres Óscar e tivo un premio especial da Academia polos seus efectos especiais.
Argumento [editar]
O planeta Krypton está abocado á súa destrución debido á inestabilidade do uranio que compón o núcleo do planeta, inestabilidade que acaba provocando a explosión do planeta. Jor-El (Marlon Brando), científico e alto cargo do Consello, tras intentar en van convencer ao máximo órgano de goberno de Krypton de que se debe proceder á inmediata evacuación do planeta, decide salvar ao seu único fillo, o pequeno Kal-el, enviándoo ao planeta Terra. Trala partida, o sol vermello arredor do cal órbita Krypton, Rao, convértese en supernova, á vez que Krypton explota.
O bebé é recollido por unha parella de granxeiros, os Kent, que o crían como fillo seu baixo o nome de Clark. Clark non é un humano normal, a súa fisioloxía kriptoniana dótao de incríbeis poderes. Xa adulto Clark Kent (Christopher Reeve) comeza a traballar como periodista para o Daily Planet e terá que salvar á súa compañeira Lois Lane (Margot Kidder), cunha identidade falsa pola que todo o mundo o coñecerá, Superman. Mais a inesperada aparición de Superman non lle gustará nada a Lex Luthor (Gene Hackman), o cal non se vai deixar dobregar por el.