Super Smash Bros.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Super Smash Bros.
Desenvolvedor(es)HAL Laboratory
Distribuidora(s)Nintendo
Produtor(es)Satoru Iwata
Hiroaki Suga
Shigeru Miyamoto
Kenji Miki
Deseñador(es)Masahiro Sakurai
Compositor(es)Hirokazu Ando
Lanzamento
XéneroLoita, Plataformas, Crossover
Modos de xogoUn xogador, Multixogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Nintendo 64
Nintendo iQue
Consola Virtual
Formato(s)Cartucho
SerieSuper Smash Bros.
Na rede
http://www.nintendo.co.jp/n01/n64/software/nus_p_nalj/
IMDB: tt0201955 Youtube: UCs7SF4XRdXHZeE07vapp-vg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Super Smash Bros., coñecido no Xapón como Nintendo All Star! Dairantō Smash Brothers (ニンテンドーオールスター!大乱闘だいらんとうスマッシュブラザーズ Nintendō Ōru Sutā! Dairantō Sumasshu Burazāzu?, lit. «Todas as Estrelas de Nintendo! Gran Estrondo de Irmáns» —da romanización en inglés como «Nintendo All Star! Grand Smash Brothers»—), é un videoxogo de loita desenvolvido por HAL Laboratory e distribuído por Nintendo para a Nintendo 64. Foi lanzado no Xapón o 21 de xaneiro de 1999, en América do Norte o 26 de abril de 1999, e en Europa o 19 de novembro de 1999.[2] Super Smash Bros. é o primeiro xogo da saga Super Smash Bros., e foi seguido por Super Smash Bros Melee para a Nintendo GameCube en 2001, Super Smash Bros Brawl para a Wii en 2008, Super Smash Bros. para Nintendo 3DS e Wii U en 2014,[3] e Super Smash Bros Ultimate para Nintendo Switch en 2018. Super Smash Bros. foi lanzado para a Consola Virtual de Wii no Xapón o 20 de xaneiro de 2009, en Europa o 12 de xuño de 2009 e en América do Norte o 21 de decembro de 2009.[1]

O xogo pertence ao xénero de loita, sendo tamén un crossover de diversos e variados personaxes de diversas franquías de Nintendo, sendo estas as series de Mario, Donkey Kong, The Legend of Zelda, Kirby, Yoshi's Island, Star Fox, Pokémon, Metroid, F-Zero e EarthBound. Nas partidas xogan de 2 a 4 personaxes, xa sexan controlados por persoas ou pola propia consola (CPU), e competindo nun escenario aberto, no cal se se superan os límites establecidos, pérdese unha vida ou un punto (dependendo do modo de xogo no que se xogue). Ademais inclúense varios modos multixogador e outros para un só xogador.[4][5]

Recibiu boas críticas desde os medios e chegaron a vender 8,7 millóns de copias, 2,93 millóns delas en Estados Unidos, e 1,97 millóns no Xapón.[6][7]

Sistema de xogo[editar | editar a fonte]

Super Smash Bros. utiliza un sistema de batalla distinto ao dos tradicionais xogos de loita. 2 ou máis xogadores (até 4) elixen personaxe, tralo cal pelexan en diferentes escenarios mentres tratan de sacar aos seus opoñentes do escenario. No canto de usar barras de enerxía como a maioría dos xogos de loita, este xogo presenta medidores de porcentaxe. Estes medidores comezan en 0%, e increméntanse cando os personaxes reciben dano, chegando a un límite de 999%. A medida que a porcentaxe dun personaxe incrementa, este pode ser guindado máis lonxe con maior facilidade.[8] Cando un personaxe é guindado fóra dos límites da pantalla perde unha vida ou un punto dependendo do modo de xogo en que se estea participando.[8] Os xogadores poden usar ataques ou outras técnicas para volver ao escenario (xeralmente a combinación de botóns ↑+B), ou como algúns saltos de certos personaxes, que teñen un maior alcance ou maior repetición, e que poden facer que a recuperación sexa máis fácil.[9] Ademais, algúns personaxes son máis pesados que outros, facendo máis difícil para un adversario conseguir sacalo do escenario, pero facendo máis difícil a recuperación.[8] Os personaxes poden pelexar usando unha gran variedade de ataques resultantes de combinar os botóns A e B do control coa dirección que se dá á panca de control.

O mando de Nintendo 64 permite todo un abano de movementos.

O xogo contén 9 escenarios distintos. Os escenarios son areas de tres dimensións, baseadas en niveis das distintas sagas de Nintendo e son interactivos co xogador. Aínda que os escenarios están debuxados en tres dimensións, os personaxes só se poden mover nun plano bidimensional. Non todos os escenarios están dispoñibles desde o inicio; un escenario está oculto, e pode ser desbloqueado se se seguen uns requirimentos.[10] Os escenarios van desde plataformas flotantes até áreas de terra firme. Cada escenario posúe un límite, o cal se é traspasado fará que o personaxe perda unha vida ou punto.[8] Ademais, diversos obxectos aparecen de forma aleatoria e de distintas formas e consecuencias ao usalo, como bates de béisbol, cunchas, martelos, e o seu uso comprende desde recuperar enerxía ata darlla ao contrario.[11]

Os controis de Super Smash Bros. son bastante simplificados respecto doutros xogos de loita. Mentres os xogos de loita tradicionais como Street Fighter ou Tekken requiren que o xogador memorice combinacións de botóns (algunhas veces longas e complicadas, ou específicas a cada personaxe), Smash Bros usa unha combinación simplificada de ataques cun botón xunto coa panca de control.[12] Os personaxes non teñen por que estar fronte a fronte co seu opoñente, poden pasear libremente polo escenario. Super Smash Bros. tamén implementa o bloqueo e formas de esquivar os ataques. Tamén se pode agarrar e lanzar aos adversarios, o que permite unha gran variedade de formas de ataque.[13]

Un xogador[editar | editar a fonte]

Aínda que o xogador pode elixir entre cinco niveis de dificultade, o modo dun xogador sempre segue a mesma secuencia de opoñentes. Nas secuelas subsecuentes, a este modo coñéceselle como Modo Clásico.[14] Este modo tamén presenta dous escenarios Bonus específicos para cada personaxe, ademais doutro escenario Bonus que é igual para todos. O modo dun xogador inclúe ademais o modo Training, onde o xogador pode probar as súas habilidades en calquera dos escenarios dispoñibles e contra calquera dos personaxes dispoñibles.[15] Ademais, cada personaxe dispón de dous escenarios propios para dous modos de xogo para un xogador incluídos no xogo.[16] O modo dun xogador principal termina cando o xefe final é derrotado, aínda que se o xogador completou algúns requisitos especiais, enfrontarase cun personaxe desbloqueable (a condición de que aínda non o desbloqueara). Se logra vencer a este personaxe, o xogador terá a posibilidade de utilizalo en calquera dos modos de xogo.[17]

Multixogador[editar | editar a fonte]

A Nintendo 64, consola para a que foi lanzado o xogo.

O modo multixogador permite xogar ata a catro persoas seguindo as regras específicas predeterminadas polos xogadores. Hai dous modos de xogo: con tempo e con vidas.[18] Nas batallas con tempo cada xogador pode ser enviado fóra do escenario infinitas veces mentres dure o tempo establecido, mentres que no modo por vidas o xogo pode durar un tempo indeterminado ata que só quede un xogador con vida. Cando o tempo predeterminado polos xogadores remata, determínanse as puntuacións de cada un subtraendo as caídas de cada xogador dos seus KOs. Se existe un empate, os xogadores regresan á area de batalla no modo Sudden Death (Morte Súbita), onde cada un comeza con 300% de dano inicial, podendo ser derrubados cara a fóra do escenario facilmente. O gañador do modo Sudden Death (Morte Súbita) é o gañador absoluto da pelexa. Nas batallas con vidas, cada xogador pode ser derrubado fóra do escenario unha predeterminada cantidade de veces, e non hai límite de tempo. O gañador do xogo é o último xogador que quede en pé, ou o que sexa o único sobrevivente da batalla, aínda que nas batallas con vidas, ou con tempo, dependendo cantas caídas, ou KOs fixo, raramente cando os xogadores reciben KO iguais, e quedaron sen vidas, o xogo termina, pero o sistema do xogo, non está programado para o desempate de batalla con vidas, gaña sempre a CPU ou PNX, a maioría sucede iso, igual en batalla con tempo na Morte Súbita como non hai límite de tempo, se pasa o mesmo de que se reciben os xogadores KO iguais, é igual gaña a CPU ou PNX. Nas batallas con vidas ou de tempo se xogan 2, 3 ou 4 xogadores, e realizan o falado, algunhas veces gaña o segundo xogador ou o cuarto, ou até o terceiro, e case nunca o primeiro xogador. É igual en equipo se queda, por exemplo un PNX, contra 3 xogadores (porque está en equipo, entón os 3 xogadores derrotan ao PNX, xa que é o único inimigo) e sucede o falado posiblemente e a maioría de veces gañe o PNX.[17] Cando un opoñente se ausenta durante unha semana deberá ceder a totalidade das súas medallas aos seus opoñentes, incluída a inframundo. Tamén é posible xogar batallas en equipo, tanto no modo con tempo como no modo con vidas. Estas batallas en equipo teñen as mesmas regras que os modos mencionados anteriormente, coa diferenza de que os xogadores poden escoller os seus equipos e compañeiros de equipo para traballar cooperativamente co fin de gañar a partida. No modo con tempo, cando termina a partida contabilízanse as puntuacións de cada membro do equipo e súmanse como un todo, co fin de declarar ao equipo gañador. O dano por personaxes do mesmo equipo está desactivado por defecto, pero pode activarse. Todos os modos mencionados anteriormente poden ser xogados tamén contra a consola.[17]

Personaxes controlables[editar | editar a fonte]

Personaxes xogables[editar | editar a fonte]

Otakus vestidos dalgúns dos personaxes de Super Smash Bros.

Existen doce personaxes controlables en Super Smash Bros., todos eles provenientes de xogos desenvolvidos por Nintendo.[19] Ao comezo do xogo hai oito personaxes dispoñibles, mentres que os outros catro poden ser desbloqueados tras completar certos requisitos dentro do xogo. Todos os personaxes están asociados a un símbolo para poder identificalos durante as batallas. Os símbolos indican a franquía da cal provén cada personaxe, un sistema que continuou vixente nos xogos Super Smash Bros. posteriores. Por exemplo, todos os personaxes da saga Pokémon teñen un símbolo de Poké Ball, mentres que todos os personaxes da saga The Legend of Zelda teñen un símbolo de Triforza. Hai oito personaxes dispoñibles desde o inicio do xogo e catro secretos:

Ao cumprir os requisitos establecidos para desbloquear a cada personaxe, enfrontarase a unha pelexa un a un contra dito personaxe e se é vencido conséguese desbloquear.

Personaxes non xogables[editar | editar a fonte]

En Super Smash Bros., hai tres personaxes que non son xogables (sen incluír o equipo poligonal cuxos personaxes están simplificados mediante formas púrpura), un deles é Master Hand (マスターハンド Masutā Hando?), como o xefe final do modo para un xogador. Os outros dous personaxes son Giant DK e Metal Mario (todos atopados no modo para un xogador como xefes).[20]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Super Smash Bros. foi desenvolvido por HAL Laboratory, un desenvolvedor second-party de Nintendo, durante 1998. A súa vida comezou como un prototipo creado por Masahiro Sakurai e Satoru Iwata no seu tempo libre e ao que titularon Kakuto-Geemu Ryuoh (格闘ゲーム竜王?, lit. «Rei Dragón: o xogo de loita» —do término en inglés: «King Dragon: The Game of Fight»—). Orixinalmente non contiña personaxes de Nintendo, pero Sakurai (creador de Kirby) propuxo a idea de incluílos. Sabendo que non podería obter o permiso, Sakurai fixo un prototipo de xogo e non informou aos desenvolvedores ata que estivo seguro de que estaba ben equilibrado.[21] Para o prototipo usou a Mario, Donkey Kong, Samus e Fox.[22] A idea terminou sendo aprobada.[21][23] O xogo tivo un baixo orzamento e pouca promoción e foi orixinalmente un lanzamento exclusivo para Xapón, pero grazas ao seu éxito puido ser lanzado en todo o mundo.[24]

Os debuxos promocionais do xogo están feitos nun estilo de cómic e os personaxes foron retratados como bonecos que cobran vida para loitar. Este estilo de presentación foi omitido nas secuelas, optando por un estilo de debuxo máis serio (como usar para a promoción os mesmos modelos dos personaxes dentro do xogo no canto de debuxos feitos a man) e substituíndo aos bonecos por trofeos.[25]

Música[editar | editar a fonte]

Super Smash Bros. inclúe melodías dalgunhas das franquías de Nintendo. Mentres que unhas tiveron diversos arranxos, outras pezas foron tomadas de forma directa e non foron modificadas. A música para Super Smash Bros. foi composta por Hirokazu Ando, quen máis tarde participou como director de son en Super Smash Bros Melee. A banda sonora completa do xogo foi lanzada no Xapón por Teichiku Records no ano 2000.[26]

Equipo técnico[editar | editar a fonte]

Recepción[editar | editar a fonte]

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
GameRankings80%[31]
Metacritic79 sobre 100[32]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
AllGame4/5 estrelas[28]
Famitsu31 sobre 40[30]
GameSpot7.5 sobre 10[18]
IGN8.5 sobre 10[29]
Nintendo Power7.7 sobre 10[31]

Super Smash Bros. tivo grandes vendas, e converteuse rapidamente nun título Player's Choice. No Xapón, vendéronse 1,97 millóns de copias,[7] e 2,93 vendéronse nos Estados Unidos ata o ano 2008.<[6]

Resposta da crítica[editar | editar a fonte]

As críticas de Super Smash Bros. foron positivas, sendo o modo multixogador a sección máis encomiada do xogo.[18] O anterior director editorial de GameSpot, Jeff Gerstmann, dixo que o modo para un xogador «exactamente non durará moito tempo». No seu lugar, eloxiou o modo multixogador, dicindo que é «extremadamente fácil de aprender». Tamén eloxiou a banda sonora do xogo, dicindo dela que era «impresionante».[18] Peer Schneider, de IGN, estivo conforme, chamando ao modo multixogador «o punto principal para a venda do xogo»,[29] mentres en GameCritics.com describiron a Super Smash Bros. como «o xogo de loita máis orixinal do mercado e posiblemente o mellor xogo multixogador en calquera sistema».[33] Brad Penniment de Allgame dixo que o xogo estaba deseñado para as partidas multixogador, encomiando os sinxelos controis e a diversión do xogo.[28] Con todo, existiron críticas negativas, como o feito de que é difícil seguir as puntuacións do xogo.[34] Ademais, o modo para un xogador foi criticado pola súa dificultade percibida e a falta de características. Schneider chamou a Super Smash Bros. «unha excelente opción para os xogadores que buscan un xogo de loita digno».[29] Matt Casamassina de IGN describiuno como «un incrible e aditivo xogo multixogador», pero criticou o modo dun xogador por non ofrecer demasiados desafíos.[29] Obtivo o premio «Elección dos editores» de IGN.[29]

Legado[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Super Smash Bros. (serie).
O Mando Clásico, un dos mandos dispoñibles para o seu uso na Consola Virtual e na súa secuela.

Super Smash Bros. é a primeira entrega da saga Super Smash Bros. A súa secuela, Super Smash Bros Melee foi lanzada dous anos despois. Nintendo presentou o xogo no E3 do 2001 como unha demostración xogable.[35] A seguinte grande exposición do xogo tivo lugar en agosto de 2001 no Spaceworld, cando Nintendo mostrou unha demo xogable que fora actualizada respecto da anterior demo que se presentou no E3. Nintendo ofreceu un torneo xogable do xogo para fans do mesmo onde unha GameCube e unha copia de Super Smash Bros. Melee eran senllos premios para o gañador.[36]

Nunha conferencia previa ao E3 de 2005, Nintendo anunciou a secuela de Melee, Super Smash Bros Brawl.[37] Trala conferencia, o presidente de Nintendo, Satoru Iwata pediu a Masahiro Sakurai que fose o director do novo xogo.[38] O xogo conserva algunhas das características de xogo dos seus predecesores mentres ten algunhas melloras importantes, como un modo dun xogador máis substancial e o poder xogar en liña a través da Conexión Wi-Fi de Nintendo.[39]

A diferenza de Melee, o xogo ten catro formas de control distintas, incluíndo o uso do Mando de Wii, o Nunchuk, o mando de Nintendo GameCube e o Mando Clásico.[40] Como Melee, o xogo fai referencia a xogos e franquías, incluídos os que apareceron despois do lanzamento de Melee; por exemplo, o deseño de Link está tomado de The Legend of Zelda: Twilight Princess e un cadelo Nintendogs aparece como un Axudante (un novo elemento que fai aparecer a personaxes de diferentes sagas para participar brevemente na loita).[41][42]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "500th Downloadable Wii Game Makes for a Smashing Holiday Season". Nintendo of America. 21 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2009. Consultado o 22 de decembro de 2009. 
  2. "Super Smash Bros. for Nintendo 64". GameSpot. Consultado o 13 de decembro de 2007. 
  3. "E3 2011: 'Super Smash Bros' anunciado para Wii U y Nintendo 3DS". 7 de xuño de 2011. Consultado o 7 de xuño de 2011. 
  4. "Super Smash Bros. - Nintendo - Juegos". Nintendo Ibérica. Consultado o 5 de abril de 2011. 
  5. Sakurai, Masahiro. "Reglas básicas". Smash Bros. DOJO!!. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2008. Consultado o 5 de abril de 2011. 
  6. 6,0 6,1 "US Platinum Game Chart". The Magic Box. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2007. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  7. 7,0 7,1 "Japan Platinum Game Chart". The Magic Box. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 17 de xuño de 2008. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Reglas básicas". Smash Bros. DOJO!!. Smashbros.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2008. Consultado o 15 de abril de 2008. 
  9. "¡No tires la toalla!". Smashbros.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2008. Consultado o 15 de abril de 2008. 
  10. "Super Smash Bros. Cheats". IGN. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2008. Consultado o 5 de febreiro de 2011. 
  11. "Personajes". Smashbros.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2008. Consultado o 15 de abril de 2008. 
  12. Peer Schneider (26 de abril de 1999). "Super Smash Bros. review". IGN. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2008. Consultado o 16 de abril de 2008. 
  13. "Agarrar y lanzar". Smash Bros DOJO!. 7 de novembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2012. Consultado o 5 de febreiro de 2011. 
  14. Sakurai, Sakurai (30 de outubro de 2007). "Clásico" (en inglés). Smashbros.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2011. Consultado o 5 de xaneiro de 2011. 
  15. "Entrenamiento". Smash Bros. DOJO!!. 20 de novembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2011. Consultado o 5 de febreiro de 2011. 
  16. "Super Smash Bros. at Nintendo" (en inglés). Nintendo of America. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2011. Consultado o 5 de abril de 2011. 
  17. 17,0 17,1 17,2 HAL Laboratory (21 de xaneiro de 1999). "Super Smash Bros.". Nintendo 64. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 Gerstmann, Jeff (18 de febreiro de 1999). "Super Smash Bros. Review". GameSpot. Consultado o 26 de abril de 2008. 
  19. Fran Mirabella III, Peer Schenider e Craig Harris. "Guides: Super Smash Bros. Melee–Characters". IGN. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2007. Consultado o 22 de decembro de 2007. 
  20. "Master Hand". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2008. Consultado o 21 de abril de 2008. 
  21. 21,0 21,1 "Iwata Asks: Super Smash Bros. Brawl". Wii.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2008. Consultado o 31 de xaneiro de 2008. 
  22. "The Man who made Mario fight" (202). 2008. 
  23. "Iwata Asks: Super Smash Bros. Brawl" (en japonés). Wii.com. Consultado o 31 de xaneiro de 2008. 
  24. Anthony JC. "Super Smash Bros. Melee". N-Sider. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2008. Consultado o 17 de xuño de 2008. 
  25. Sakurai, Masahiro (24 de setembro de 2007). "Trofeos". Smashbros.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2008. Consultado o 5 de xuño de 2008. 
  26. "Nintendo All-Star! Dairanto Smash Brothers Original Soundtrack". Soundtrack Central. 17 de xaneiro de 2002. Consultado o 16 de abril de 2008. 
  27. "Super Smash Bros. Release Information for Nintendo 64". GameFaqs. Consultado o 27 de decembro de 2010. 
  28. 28,0 28,1 Penniment, Brad. "Super Smash Bros. > Review". Allgame. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2020. Consultado o 9 de maio de 2008. 
  29. 29,0 29,1 29,2 29,3 29,4 Schneider, Peer (26 de abril de 1999). "Super Smash Bros. Review". IGN. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2008. Consultado o 26 de abril de 2008. 
  30. IGN Staff (14 de novembro de 2001). "Famitsu Scores Smash Bros.". IGN. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 26 de abril de 2008. 
  31. 31,0 31,1 "Super Smash Bros. Reviews". Game Rankings. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2008. Consultado o 26 de abril de 2008. 
  32. "Super Smash Bros. (n64: 1999): Reviews". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2008. Consultado o 26 de abril de 2008. 
  33. Weir, Dale (5 de xullo de 1999). "Game Critics Review". GameCritics.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 9 de maio de 2008. 
  34. "Game Critics Review". gamecritics.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  35. "IGN: E3: Hands-on Impressions for Super Smash bros Melee". IGN. 17 de maio de 2001. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2007. 
  36. "IGN: Spaceworld 2001: Super Smash Bros Melee hands-on". IGN. 25 de agosto de 2001. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2007. 
  37. Casamassina, Matt (17 de maio de 2005). "E3 2005: Smash Bros. For Revolution". IGN. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2006. Consultado o 1 de decembro de 2006. 
  38. "Smash Bros. Revolution Director Revealed". IGN. 16 de novembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2007. Consultado o 1 de decembro de 2007. 
  39. Bramwell, Tom (11 de maio de 2005). "Miyamoto and Sakurai on Nintendo Wii". Eurogamer. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 1 de decembro de 2007. 
  40. "Cuatro mandos diferentes". Nintendo. 8 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2008. Consultado o 1 de marzo de 2008. 
  41. Sakurai, Masahiro (23 de maio de 2007). "Link". Nintendo. Consultado o 1 de decembro de 2007. 
  42. Sakurai, Masahiro (2 de xullo de 2007). "¿Qué son los ayudantes?". Nintendo. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2008. Consultado o 18 de marzo de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]