Stephen Colbert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stephen Colbert en 2010

Stephen Tyrone Colbert, nado o 13 de maio de 1964 en Washington, DC, é u satirista político, escritor, humorista e presentador de televisión estadounidense, famoso polo seu programa The Colbert Report que emite Comedy Central, e que é un telexornal satírico no que el interpreta unha versión caricaturizada dun comentarista conservador estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criado en Carolina do Sur nunha familia de orixe católico irlandesa, Colbert orixinalmente recibiu cursos de arte dramática para ser actor, pero interesouse no teatro da improvisación cando coñeceu a Del Close mentres estudaba na universidade, e comezou a actuar profesionalmente primeiro como suplente de Steve Carell no Second City de Chicago; nesta época entre os seus compañeiros figuraron Paul Dinello e Amy Sedaris, cos que máis tarde desenvolveu a serie de sketch cómicos Exit 57 (1995-1996).

Colbert tamén escribiu e actuou no Dana Carvey Show antes de colaborar de novo con Sedaris and Dinello again na serie Strangers with Candy (1999-2000), onde gañou recoñecemento polo seu personaxe, un profesor de historia homosexual pero foi o seu traballo como correspondente na parodia de telexornal The Daily Show, o que o fixo coñecido a unha maior audiencia.

No ano 2005 deixou The Daily Show with Jon Stewart para crear a súa propia serie, The Colbert Report, seguindo o mesmo concepto é unha parodia dos telexornais de noticias desenvolvidos arredor dun comentarista político como é o caso de The O'Reilly Factor, o seu personaxe caracterízase pola súa inxenuidade e ignorancia, pola súa fe nas políticas do entón presidente Bush e idolatría ao xornalista conservador Bill O'Reilly. Desde o comezo, foi unha das series máis vistas de Comedy Central. Segundo a revista Time está entre as cen persoas con máis influencia en 2006[1], e o seu libro I Am America (And So Can You!), foi número un da lista de vendas do New York Times.


Notas[editar | editar a fonte]