Stanisław Lem
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stanisław Lem, nado o 12 de setembro de 1921 e finado o 27 de marzo de 2006, foi un escritor polonés cuxa obra se caracterizou polo seu ton satírico e filosófico. Os seus libros, entre os cales se encontran Ciberiada e Solaris, traducíronse a 40 linguas e venderon 27 millóns de exemplares. É considerado un dos maiores expoñentes do xénero da ciencia ficción e un dos poucos escritores que sendo de fala non inglesa alcanzou sona mundial no xénero.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Web oficial, (en inglés)
- Introdución á alteridade na ciencia ficción. O exemplo de Stalislav Lem, en Proxecto Derriba.