Stana Katić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStana Katić

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de abril de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Hamilton, Canadá Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Canadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toronto
West Aurora High School (en) Traducir
DePaul University (en) Traducir
Universidade de Trinity College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de televisión , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webstanakatic.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1065664 Allocine: 126043 Rottentomatoes: celebrity/stana_katic Allmovie: p477997 TCM: 11134421 Metacritic: person/stana-katic TV.com: people/stana-katic
Instagram: drstanakatic Musicbrainz: fb0eaebd-2122-49b7-8a88-3fad24f65074 WikiTree: Katic-4 Editar o valor em Wikidata

Stana Katić, nada en Hamilton (Ontario) o 26 de abril de 1978, é unha actriz canadense, coñecida por interpretar a detective Kate Beckett na serie de televisión Castle. No 2015 gañou o premio People's Choice Awards á mellor actriz de drama.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de pai serbio e nai croata que emigraron da antiga Iugoslavia ao Canadá. Posteriormente, a súa familia trasladouse a Aurora, Illinois. Pasou os seus primeiros anos movéndose entre Canadá e os Estados Unidos. Tras graduarse no West Aurora High School en 1996, estudou actuación na Goodman School of Drama. Ten catro irmáns e unha irmá, sendo ela a maior.

Ademais de inglés, fala croata, bosníaco, esloveno, francés, castelán e italiano.

Carreira[editar | editar a fonte]

Stana interpretou o personaxe de Hana Gitelman en Heroes, o de Collete Stenger en 24 (temporada 5) e o de Jenny en Feast of Love, película protagonizada por Morgan Freeman. Tamén interpretou a Morgenstern na película de Frank Miller, The Spirit; Corrine Veneau na película de James Bond Quantum of Solace (aínda que orixinalmente fora seleccionada para o papel de Strawberry Fields na película); e Simone Renoir en The Librarian: Curse of the Judas Chalice, a terceira entrega da saga televisiva The Librarian.

En agosto de 2008, a ABC anunciou a estrea da serie de televisión Castle, con Stana como Kate Beckett e Nathan Fillion como Richard Castle. Katić interpreta a detective Katherine Beckett, quen se ve obrigada a aceptar que o escritor a "siga" e observe o seu traballo. Pronto se converte na súa musa e na inspiración para unha nova serie de libros. A trama enfócase na resolución de diversos crimes e no progreso da relación entre os protagonistas.

No verán de 2010 empezou a filmar For Lovers Only cos irmáns Polish en Francia, e The Double[1] con Richard Gere.

Foi membro do xurado entre o 29 de maio e o 5 de xuño de 2011, no Festival de Cine de Zlín, onde For Lovers Only fixo a súa estrea mundial. Traballou noutra película, Big Sur, na que interpreta a Lenore Kandel. Na Comic-Con de 2011 en San Diego, houbo un anuncio oficial na revista Entertainment Weekly, de que se convertería na voz de Talia al Ghul en Batman: Arkham City. Tamén fixo unha película chamada CBGB que conta a historia dun local de Nova York da década de 1970 chamado CBGB.

No ano 2014 gañou o seu primeiro premio do People´s Choice Awards pola súa actuación en Castle, onde interpreta a Kate Beckett, sendo a primeira vez que estaba nomeada como actriz, e gañando o premio de mellor actriz dunha serie dramática e, por terceira vez, a de mellor serie, Castle. Ademais, no 2015 comezou o ano gañando o premio de actriz, de serie e conseguindo á súa vez o seu compañeiro Nathan Fillion o premio ao mellor actor.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Director Notas
1999 Acid Freaks Annie Philippe H. Bergeron Curtametraxe
2003 Shut-Eye Angela John Covert
2005 Pit Fighter Marianne Jesse Johnson
2007 Feast of Love Jenny Robert Benton
2008 Stiletto Raina Nick Vallelonga
Quantum of Solace Corinne Veneau Marc Forster
The Spirit Morgenstern Frank Miller
2010 Truth About Kerry Emma Katherine Torpey
2011 For Lovers Only Sofia Michael Polish
The Double Amber Michael Brandt
2013 Big Sur Lenore Kandel Michael Polish
Superman: Unbound Lois Lane (Voz) James Tucker
CBGB Genya Ravan Randall Miller
2014 The Tourist Anna Evan Oppenheimer

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Episodio/s
2003 The Shield Ayla All In e On Tilt
2004 Alias Asistente de vuelo Facade
Dragnet Miriam Nelson Retribution
The Handler Mariella Bleak House
JAG Lucienne Charmoli This Just in from Baghdad
2005 Closer, TheThe Closer Nadia The Big Picture
ER Blaire Collins Blame It on the Rain & Wake Up
2006 Dragon Dynasty Ava Telefilme
24 Collette Stenger Día 5: 7:00 – 10.00 p.m.
Brothers & Sisters Karen Wells Patriarchy
2007 Faceless Diana Palos Telefilme
Company Man Sara Baker Telefilme
Heroes Hana Gitelman Unexpected e Five Years Gone
CSI: Miami Rita Sullivan Deep Freeze
The Unit Agente especial Debra Lane Binary Explosion
2008 Would Be Kings Julianna Martinelli Miniserie
The Librarian: Curse of the Judas Chalice Simone Remoir Telefilme
2009 - Actualidade Castle Inspectora Kate Beckett Protagonista

Videoxogos[editar | editar a fonte]

Ano Título Rol Notas
2011 Batman: Arkham City Talia al Ghul Voz

Premios[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Premio Resultado
2009 Mellor actriz en series de drama por Castle Premios Satellite Candidata
2011 Parella favorita xunto a Nathan Fillion por Castle TV Guide Award Ganadora
2012 Parella favorita xunto a Nathan Fillion por Castle TV Guide Award Gañadora
Rendemento nun episodio de drama, por Castle Prism Award Gañadora
2013 Parella favorita xunto a Nathan Fillion por Castle TV Guide Award Gañadora
Actriz favorita de drama de TV People's Choice Awards Nomeada
2014 Actriz favorita de drama de TV People's Choice Awards Gañadora
Química favorita en pantalla xunto a Nathan Fillion por Castle People's Choice Awards Candidata
2015 Actriz Favorita de Drama de Crime People's Choice Awards Gañadora
Dúo Favorito en Pantalla xunto a Nathan Fillion por Castle People's Choice Awards Candidata

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Stana Katic vuelve al cine con "La sombra de la traición"". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2015. Consultado o 09 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]