Stacy Peralta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stacy Peralta no ano 1976.
Peralta en xaneiro de 2005.

Stacy Peralta, nado o 15 de outubro de 1957 en Venice, California, é un director e produtor de cinema e televisión estadounidense. Na súa xuventude foi un skater e surfista profesional e formou parte do grupo de skate dos Z-Boys.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou no skate ós quince anos de idade e axiña empezou a participar en competicións profesionais, acadando boas posicións até que con dezanove anos pasou a ocupar o primeiro posto na clasificación mundial de skateboard. Pouco despois, xunto con George Powell fundou a compañía de monopatíns chamada Powell Peralta. Co financiamento da compañía, Peralta formou a Bones Brigade, un equipo de skate composto polos mellores skaters da época, algúns dos cales revolucionaron o skate moderno. Tamén comezou a dirixir e producir os primeiros vídeos de skateboard que daquela supuxeron un pulo importante para novos skaters como Tony Hawk.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]