The Rocky Horror Picture Show
| The Rocky Horror Picture Show | |
|---|---|
| Título orixinal | The Rocky Horror Picture Show |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Jim Sharman |
| Produtor | Michael White |
| Guión | Richard O'Brien Jim Sharman |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Tim Curry Susan Sarandon Barry Bostwick Richard O'Brien Patricia Quinn Nell Campbell Meat Loaf |
| Música | Richard O'Brien |
| Fotografía | Peter Suschitzky |
| Montaxe | Graeme Clifford |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | 20th Century Fox |
| Ano | 14 de agosto de 1975 |
| Duración | 100 minutos |
| País | |
| Xénero | comedia musical |
| Orzamento | 1,2 millóns de dólares |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | Shock Treatment (1981) |
| Ficha en IMDb | |
The Rocky Horror Picture Show é unha comedia musical de 1975 que parodia as películas de horror e ciencia ficción. Cun guión de Richard O'Brien e Jim Sharman, está protagonizada por Tim Curry, Susan Sarandon e Barry Bostwick. A película está baseada na montaxe musical británica The Rocky Horror Show.
A película está considerada un clásico de culto e unha película de sesión de noite, pero é coñecida mundialmente por amplas audiencias, e ten un gran seguimento. RHPS foi a primeiro película dun estudio maior (20th Century-Fox) no mercado da sesión de noite.[1] Aínda que a película é moi popular, os criticos falan da falta de liña argumental, o estilo animado e a natureza demasiado sexual da película como algúns dos seus maiores erros. Con todo, a película é unha das películas de sesión de noite máis coñecidas e rentabilizadas.[2] É a adaptación teatral máis proxectada na historia do cine.[3] Máis de 30 anos despois segue a ser proxectada en salas de todo o mundo. En decembro de 2005 James H. Billington, o bibliotecario do Congreso dos Estados Unidos, seleccionou The Rocky Horror Picture Show para ser preservada no "National Film Registry", unha colección de só 450 películas (en 2006).[4]
Índice |
Argumento [editar]
A historia, narrada por un criminólogo (Charles Gray), é a dunha parella nova de recén comprometidos, Brad Majors (Barry Bostwick) e Janet Weiss (Susan Sarandon), que se atopan perdidos nunha tardiña de novembro fría e chuvosa. Buscando un teléfono desde o que chamar para pedir axuda, atopan cobixo nun castelo cercano habitado por xante estrana e estranxeira reunida na Convención Anual de Transilvania. Asisten, aínda mollados pola choiva, ó baile dos transilvanos de Time Warp, a canción principal da película.
Axiña son arrastrados ó mundo do Dr. Frank-N-Furter (Tim Curry), un autoproclamado "dulce travesti da Transilvania transexual", e os seus servintes, os irmáns Riff Raff (Richard O'Brien) e Magenta (Patricia Quinn), así como a groupie Columbia (Nell Campbell) e un grupo de asistentes á convención.
A intención de Furter é revelar o "segredo da vida en si mesma". Nunha escena inspirada nas películas de Frankenstein, "Rocky Horror" (Peter Hinwood) é traído á vida. Logo da persecución de Frank tralo desorientado Rocky, a festa é interrumpida por Eddie (Meat Loaf), o antigo rapaz dos recados, que aparece dun conxelador montando unha motocicleta. A escena remata coa súa morte sanguenta a mans de Furter.
Brad e Janet son levados a habitacións separadas, onde o anfitrión lles dá cadansúa propia benvida. Janet, logo da emoción, deambula buscando a Brad. Descobre a Rocky encollido no seu tanque de nacemento, asustado de Riff Raff, que atormentou á criatura como Igor atormenara ó monstro de Frankenstein. Janet, logo de descubrir a infidelidade de Brad, elixe tomar proveito da situación con Rocky.
Logo de descubrir que a "Criatura" está desaparecida, Frank, Brad, e Riff Raff volven ó laboratoria onde descubren que un intruso entrou no edificio O Doutor Everett Scott (Jonathan Adams), antigo profesor de ciencias de Brad e Janet no instituto,, chega buscando ó seu sobriño Eddie. É neste punto cando Rocky e Janet son descubertos escondidos xuntos. Nunha escena engadida especificamente á versión cinematográfica, os novos invitados son levados a unha cea consistente nos restos de Eddie. Logo de descubriren o que cearon, o horror e o disgusto levan a Janet a saír correndo e berrando da sala.
Frank captúraos a todos, convdertíndoos temporalmente en estatuas e facéndoos participar nunha sorte de cabaret. A actuación é interrumpida por Riff Raff e Magenta, que matan a Columbia, Frank, e Rocky. Resucitan as estatuas de Brad, Janet, e o Dr. Scott, e o castelo desaparece no espazo exterior para regresar ó planeta de Transsexual, na galaxia de Transylvania.
Produción [editar]
Está baseada na produción teatral de Londres "The Rocky Horror Show", de Richard O'Brien, se ben ten certas diferencias respecto á concepción teatral orixinal.
Véxase tamén [editar]
Notas [editar]
- ↑ Samuels, Stuart (1983). Midnight Movies. Collier Books. pp. 11. ISBN 0-02-081450-X.
- ↑ "Cult Films MIDNIGHT MOVIES". www.filmreference.com. http://www.filmreference.com/encyclopedia/Criticism-Ideology/Cult-Films-MIDNIGHT-MOVIES.html. Consultado o 2007-08-03.
- ↑ Modelo:Cite press release
- ↑ "Saving Rocky Horror and other classics". New Directions in Folklore 3. http://www.loc.gov/wiseguide/feb06/horror.html. Consultado o 2007-06-16.
Ligazóns externas [editar]
- TimeWarp - The Official UK Rocky Horror Fan Club
- Movie Script
- Official Rocky Horror Picture Show Fan Site
- Rocky Horror Picture Show FAQ