Spes (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Spes
PaísEspaña
Lugar de publicaciónPontevedra
Lingualingua castelá e lingua galega
Na rede
Galiciana: 7389
editar datos en Wikidata ]

Spes foi unha revista editada en Pontevedra entre 1934 e 1962.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista mensual. Órgano de la Juventud Católica de Pontevedra, apareceu o 15 de xuño de 1934. Foi vehículo de expresión da comunidade católica pontevedresa, especialmente da súa xuventude. Estivo dirixida por Gabriel Méndez Rodríguez ata o seu falecemento en 1947, cando o sucedeu Jesús Muíños González. Entre os seus colaboradores figuraron Vicente Risco, Sofía Casanova, Xosé Filgueira Valverde, Xesús Carro, Enrique Chao Espina, Enrique Fernández-Villamil, Paulino Pedret, Celso Emilio Ferreiro e Antonio Rey Soto. Publicou algúns artigos en galego. Entre os artistas colaboraron da revista figuraron Carlos Sobrino Buhigas, Luís Pintos Fonseca, Alejandro Paisa Gil, Agustín Portela Paz e Xosé Sesto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]