Sofia Vassilieva
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Sofia Vassilieva | |
|---|---|
Vassilieva en xuño do 2009 |
|
| Nacemento | Sofia Vladimirovna Vassilieva 22 de outubro de 1992 Minneapolis, Minnesota, |
| Outros nome(s) | Sonya, Sonechka |
| Profesión | Actriz (2000-presente) |
| Páxina web oficial | |
| Ficha na IMDb | |
Sofia Vladimirovna Vassilieva, nada o 22 de outubro de 1992 en Minneapolis, Minnesota, é unha actriz estadounidense de ascendencia rusa.
Índice |
Traxectoria[editar]
É filla da doutora Larissa Vassilieva, bióloga, e o doutor Vladimir Vassiliev, físico, ámbolos dous inmigrantes rusos procedentes de Novosibirsk. Sofia é recoñecida internacionalmente por interpretar a "Eloise" na serie de filmes de mesmo nome, baseados nun libro infantil. Tamén é famosa polo papel de "Ariel", na serie de televisión Medium. Recentemente, estreou o filme A decisión de Anna, xunto con Cameron Diaz e Abigail Breslin. Fala ruso, francés e inglés de xeito fluído.
Filmografía[editar]
| Ano | Título | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 2001 | The Agency | Elena | |
| The Brady Bunch in the White House | Cindy Brady | Telefilme | |
| 2003 | Eloise at the Plaza | Eloise | |
| Eloise at Christmastime | |||
| Inhabited | Gina Russell | ||
| 2005 - 2011 |
Medium | Ariel Dubois | |
| 2007 | Day Zero | Mara | |
| 2008 | Hurt | Sarah Parsons[1] | |
| 2009 | A decisión de Anna[2] | Kate Fitzgerald | |
| 2010 | Stand Up to Cancer | Ela mesma | (Televisión) |
| 2011 | Law & Order: SVU | Sarah Walsh | 'True Believers' (tempada 13, episodio 6) |
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Páxina Oficial (en inglés)