Snapshot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Snapshot
TipoTecnolóxico
OrganizaciónForza Aérea dos Estados Unidos
Data de lanzamento3 de abril de 1965, 21:24 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAgena D[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][6]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[2][6]
NSSDC ID1965-027A
Masa440 kg[2][5][6]
Datos orbitais
Semieixo maior7672 km[1]
Inclinación90,3 graos[1]
Apoapse1326,2 km[1]
Periapse1277,2 km[1]

Snapshot (acrónimo de Space Nuclear Auxiliary Power Shot) foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 3 de abril de 1965 mediante un foguete Atlas Agena D desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Snapshot foi probar un motor iónico en órbita terrestre alimentado por enerxía nuclear. O reactor a bordo de Snapshot, un SNAP-10A, foi o primeiro e único reactor nuclear lanzado ao espazo polos Estados Unidos.[2][3][4][5]

O motor iónico usaba cesio como propelente e propocionaba un pulo de 8,5 mN, alimentado por unha corrente de 4500 V e 80 mA. O motor funcionaría alimentado por baterías durante unha hora, despois da cal as baterías serían recargadas pola enerxía do reactor e comezaría de novo o uso do motor iónico. Finalmente o motor só funcionou durante unha hora antes da decisión de apagalo de maneira definitiva debido a que a interferencia electromagnética creada polos picos de voltaxe do motor causaba problemas nos sensores de control de actitude da nave. O reactor nuclear, de 39 kW de potencia térmica e 500 W de potencia eléctrica, funcionou polo menos durante 43 días, momento no que a telemetría fallou.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "OPS 4682 (SNAPSHOT)" (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Snapshot" (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 30 July 1965 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (65-18425). 5 de agosto de 1965: 2. Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "SNAP 10A / SNAPShot" (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Snapshot" (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2017). "Snapshot" (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2017.