Sirohemo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura do sirohemo.

O sirohemo é un grupo prostético similar ao hemo situado no sitio activo dalgúns encimas onde realiza a redución de seis electróns do xofre e o nitróxeno.[1] É un cofactor do sitio activo da sulfito redutase, que exerce un importante papel na vía de asimilación do xofre, convertendo o sulfito en sulfuro, o cal pode incorporarse no composto orgánico homocisteína (un aminoácido).[2]

Biosíntese[editar | editar a fonte]

Como todos os tetrapirrois, o ligando macrocíclico do sirohemo deriva do uroporfirinóxeno III. Este porfirinóxeno é metilado en dous aneis de pirrol adxacentes para dar dihidrosirohidroclorina, a cal é seguidamente oxidada rendendo sirohidroclorina. Despois, unha ferroquelatase insire ferro no macrociclo para dar lugar ao sirohemo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Matthew J. Murphy; et al. (1974). "Siroheme: A New Prosthetic Group Participating in Six-Electron Reduction Reactions Catalyzed by Both Sulfite and Nitrite Reductases". PNAS 71 (3): 612–616. Bibcode:1974PNAS...71..612M. PMC 388061. PMID 4595566. doi:10.1073/pnas.71.3.612. 
  2. Dominique Thomas; Yolande Surdin-Kerjan (1997). "Metabolism of sulfur amino acids in Saccharomyces cerevisiae". Microbiology and Molecular Biology Reviews 61 (4): 503–532. PMC 232622. PMID 9409150. doi:10.1128/mmbr.61.4.503-532.1997. 
  3. Kaushik Saha, Michaël Moulin, Alison G. Smith (2009). "Tetrapyrroles in Plants: Chemical Biology of Metal Insertion and Removal". Wiley Encyclopedia of Chemical Biology. Encyclopedia of Chemical Biology. John Wiley & Sons. ISBN 978-0470048672. doi:10.1002/9780470048672.wecb454. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.