Sinus Meridiani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinus Meridiani
Curvilinear Ridge in Terra Meridiani.jpg
Esta imaxe amosa elevación en forma de crista en Terra Meridiani.
Tipo de rexión Terra
Rexión de Marte
Diámetro  ?
Coordenadas 5° S 0° O[1]
Procedencia do nome Baía, mapa de Camille Flammarion a .[1]

Sinus Meridiani é un accidente xeolóxico de Marte que se estende de este a oeste xusto o sur do ecuador do planeta. Deulle nome o astrónomo francés Camille Flammarion a finais da década do 1870.

Observacións[editar | editar a fonte]

O nome de Sinus Meridiani foille outorgado por Camille Flammarion a finais da década do 1870. Con anterioridade, o destacado equipo xermano composto principalmente por Wilhelm Beer, Johann Heinrich Mädler e o italiano Giovanni Schiaparelli, escolleron un punto en particular de Marte coma punto de partida para o meridiano cero (o meridiano que pasaba polo centro de Sinus Meridiani), para así poder cartografia-las súas observacións. Aceptando as suxestións de que as áreas escuras eran mares ou océanos, Flammarion nomeou área escura coma "Sinus Meridiani", literalmente "Baía Meridiana", cando estaba a traballar na compilación e análise de tódalas observacións feitas con anterioridade sobre Marte.

Dende a existencia de imaxes tomadas dende orbitas e sobrevoos feitas polas sondas enviadas a Marte que comezaron a partir da década do ano 1960, os accidentes xeolóxicos de albedo de Marte foron tomando novos nomes que reflectían as súa real natureza xeolóxica, e Sinus Meridiani recibiu unha nova designación, Terra Meridiani. Aínda que tanto as novas designacións coma as vellas están en uso. Por ex. o U.S. Geological Survey aínda usa o vello nome de "Sinus Meridiani" [1]

Meridiani Planum[editar | editar a fonte]

Aínda que en moitos mapas o nome de Terra Meridiani é sustítuido polo de Meridiani Planum,[2] o nome Meridiani Planum é usado para facer referencia especificamente ó lugar onde aterrou a Mars Exploration Rover Opportunity, na parte occidental de Sinus Meridiani. Este lugar foi escollido polo equipo da Mars Exploration Rover debido ó plano da súa superficie, a carencia de rochas (polo tanto un lugar seguro para a aterraxe), e ademais o lugar amosaba unha marca no espectro de hematita, a cal aparece moi a miúdo en ambiente húmidos.

Notas[editar | editar a fonte]

Vésaxe tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]