Siata Española S.A.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Siata

Siata Turisa de 1961
TipoSociedade anónima
Fundación1960 - 1973
LocalizaciónTarragona España España
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

Siata Española S.A. foi un fabricante español de automóbiles con sede en Tarragona activo dende 1960 ata 1973. O nome da súa empresa matriz era Siata.

Historia da compañía[editar | editar a fonte]

A empresa foi fundada en 1960 en Barcelona como unha rama da italiana Siata para a produción de automóbiles. A fábrica estaba en Tarragona. En 1973 cesou a produción logo de facer ao redor de 15.000 unidades.

Os vehículos baseáronse nos modelos de SEAT, construídos con motores de catro cilindros de 750 cc a 850 cc. Entre as súas creacións atópase o Ampurias, con motor modificado ata os 750cc (máis potencia, grazas a uns novos pistóns) e cunha carrozaría de tres volumes, o Turisa con carrozaría cupé ou spider, ou o Tarraco, un coche deportivo de catro prazas con motores de 750cc ou 850cc.

Siata Española tamén construíu a Formichetta e a furgoneta de repartimento Minivan. En 1972 foi absorbida por Ebro, que seguiu fabricando a furgoneta, denominada a partir dese momento Ebro Siata 40.

Un vehículo desta marca atópase no museo do automóbil 'Col·lecció d'Automòbils de Salvador Claret' en Sils.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]