Shusaku Endo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Shūsaku Endō (遠藤 周作), nado en Toquio en 1923 e finado en 1996, foi un escritor xaponés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu os seus primeiros anos en China, logo da separación dos seus pais en 1933 regresou coa súa nai a Toquio, e converteuse ao catolicismo, a fe da súa nai, en 1934. Estudou literatura francesa nas Universidad de Keiō e de Lión, licenciouse en 1953 e aínda que nos seus anos de estudante comazara a escribir artigos de crítica literaria, as súas primeiras novelas apareceron en 1955, O home branco e O home amarelo.

Os seus libros reflicten moitas das súas experiencias de infancia, o que inclúe o estigma de ser diferente, e en moitos dos seus libros o seu catolicismo adquire un papel central, frecuentemente compárase a súa obra coa de Graham Greene polos conflitos morais que viven os seus protagonistas e pola escrita psicolóxica das súas novelas.

Obras[editar | editar a fonte]

  • O home branco (1955) (白い人, Shiroi hito)
  • O home amarelo (1955) (黄色い人, Kiiroi hito)
  • O veleno e o mar (1957) (海と毒薬, Umi to dokuyaku), sobre experientos médicos que se realizaron durante a Segunda Guerra Mundial sobre prisioneiros de guerra norteamericanos.
  • Obakasan (1960) (おバカさん, Obaka-san), sobre un francés que visita o Toquio de posguerra.
  • Silenzo (1966) (沈黙, Chinmoku), o primeiro éxito de vendas do autor, considérase a súa mellor obra, relata o labor dos misioneiros portugueses no Xapón do século XVII
  • O país dourado (1970) (黄金の国, Ōgon no kuni), teatro, con moitas semellanzas con Silenzo
  • Samurai (1980) (侍), a súa novela máis vendida, conta a historia do samurai Hasekura Tsunenaga, que enviado como embaixador a España a comezos do século XVII convértese ao cristianismo.
  • Río profundo (1994) (深い河, Fukai kawa), novela que resume toda a súa obra e os seus dilemas espirituais e morais.