Serra de Talamanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cordilleira de Talamanca é a serra de maior elevación do sur de América Central. Esténdese desde a parte sur do Val Central de Costa Rica e continúa en territorio da República de Panamá cos nomes de Chiriquí, Cordilleira Central e Tabasará. En Costa Rica, a través da Estrada Interamericana Sur pódese acceder facilmente a un dos puntos máis elevados da cordilleira, o Cerro Buenavista (3491 msnm), máis comunmente chamado Cerro da Morte, pola comparación de clima a esta altura en contraste co resto do territorio costarriqueño. O pico máis alto é o Cerro Chirripó, localizado dentro do parque nacional do mesmo nome, que posúe 3820 metros de altura sobre o nivel do mar. Tamén alberga ao Parque Internacional La Amistad, que comparte territorio co país veciño de Panamá. Este parque é a zona protexida máis grande de Costa Rica e foi declarada Reserva da biosfera pola Unesco en 1990. É de grande importancia porque serve de hábitat a especies grandes de mamíferos como a danta, o xaguar, o puma, e diversas especies de aves como o quetzal ou varias especies de aves canoras.

En elevacións sobre os 1800 msnm predominan os bosques de carballos de grande tamaño en toda a cordilleira. Arredor dos 3000 msnm comeza a transición do bosque de montaña cara a páramo, onde se poden ver arbustos e bambú anano até os 3300 msnm. Polos 3400 msnm predominan gramíneas e asteráceas moi resistentes aos cambios bruscos de temperatura. O páramo alcanza temperaturas nocturnas de conxelación desde os 3300 msnm. A altitudes inferiores estas danse de forma estacional, especialmente entre os meses de decembro e marzo.

Elevacións máis importantes[editar | editar a fonte]

Serra de Talamanca co Cerro Chirripó no centro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]