Segundo Blanco
Segundo Blanco González, nado en Xixón en 1899 e finado en México en 1957, foi un anarquista asturiano.
Traxectoria[editar]
Mestre de profesión, na súa mocidade exerceu múltiples labores pola súa persecución política. Entre outros traballos fixo de mestre aparellador, actividade que alternou cos estudios nocturnos. Encargouse durante a ditadura de Primo de Rivera de manter a estrutura da CNT en Asturias, chegando a ocupar o cargo de Secretario Xeral do sindicato en 1926. Ese mesmo ano ingresou en prisión, a onde volvería en 1931 e 1934.
Ó inicio da Guerra Civil Española presidiu o Comité de Guerra de Xixón, ocupándose posteriormente da Consellería de Industria no Consello Interprovincial de Asturias e León, e formou parte da Comisión de Guerra unha vez que este se transformou no Consello Soberano de Asturias e León.
Trala caída da fronte norte fuxiu a Francia e pasou a Cataluña. Foi Secretario de Defensa no Comité Nacional da CNT, e en abril de 1938 formou parte do goberno de Juan Negrín ocupando a carteira de Instrución e Sanidade Pública. Trala guerra exiliouse na cidade francesa de Orleans e logo marchou a México, onde morreu en 1957.
| Predecesor: Avelino González Mallada |
Secretario Xeral da CNT 1926 - 1926 |
Sucesor: Joan Peiró |