Secuestro óseo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outros usos, ver: Secuestro (homónimos)

Radiografía dun secuestro nun fémur. A frecha azul sinala o tecido óseo morto (de cor gris), arrodeado de tecido óseo vivo (cor branco).

Un secuestro óseo, tamén coñecido como sequestrum, pola súa denominación en latín, é unha doenza ósea na que unha peza de óso morto queda illado do tecido óseo que o arrodea, debido a un fallo no proceso de necrose e reparación do óso.[1] Prodúcese após dunha osteomielite, sendo unha das complicacións máis frecuentes deste proceso. Tamén, aínda que de xeito moi excepcional, o secuestro pode estar provocado por un osteoma osteoide, un tipo de tumor óseo.

Fisiopatoloxía[editar | editar a fonte]

O secuestro óseo case sempre é secundario e como complicación dunha oseomielite, unha infección do óso. Por mor da infección e os exudados que esta fai secretar, a presión intramedular aumenta. Debido a este aumento de presión, o periósteo deixa de estar en contacto co resto do tecido óseo. Este feito provoca unha trombose avascular, xa que o periósteo é a estrutura encargada de fornecer de nutrientes ao óso. Posteriormente prodúcese unha necrose no óso, que se se produce aberrantemente pode dar lugar ao secuestro óseo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]