Sara García Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSara García Alonso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1989 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
León, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca - Doutor en filosofía (2013–2018)
Universidade de León - Mestrado (2012–2013)
Universidade de León - biotecnoloxía (2007–2012) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora , bióloga molecular , astronauta Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

Twitter: astro_sarag Instagram: astro_sarag Dialnet: 4692033 Editar o valor em Wikidata


Sara García Alonso, nada en León en 1989, é unha bióloga molecular e candidata a astronauta española.[1] En novembro de 2022, foi seleccionada pola Axencia Espacial Europea (ESA) en calidade de reserva, converténdose na primeira muller española candidata a astronauta.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sara García estudou o grao e o mestrado de biotecnoloxía pola Universidade de León. En 2018 doutorouse cum laude en bioloxía molecular do cancro e foi premio extraordinario de fin de carreira. Durante o seu tempo como candidata a doutora, traballou como asistente de investigación universitaria para o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) realizando investigacións sobre medicamento do cancro.[4]

Desde 2019 traballa como investigadora posdoutoral no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), onde lidera un proxecto para descubrir novos fármacos contra o cancro de pulmón e de páncreas no laboratorio do bioquímico español Mariano Barbacid.[5]

En novembro de 2022 a Axencia Espacial Europea (ESA) seleccionouna como reserva para a súa nova promoción de astronautas. Xunto a Pablo Álvarez, ambos os españois foron seleccionados de entre máis de 22.000 candidatos de toda Europa para a nova promoción de astronautas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sánchez Rey, Álvaro (2022-11-23). "Artes marciales y feminismo: así es Sara García, la nueva astronauta española de la ESA". Vanitatis (en castelán). Consultado o 2022-11-23. 
  2. 2,0 2,1 Gascón, Marta (2022-11-23). "Quién es Sara García Alonso, la nueva astronauta de reserva de la ESA que investiga sobre el cáncer". 20 minutos (en castelán). Consultado o 2022-11-23. 
  3. Roig, Javier Gregori (2022-11-23). "Los españoles Pablo Álvarez y Sara García, primeros astronautas españoles en 30 años". Cadena SER (en castelán). Consultado o 2022-11-23. 
  4. Corbella, Josep (2022-11-23). "Sara García Alonso, la investigadora del cáncer seleccionada como astronauta". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2022-11-23. 
  5. "Sara García-Alonso, la española seleccionada por la ESA como astronauta suplente". El Periódico (en castelán). 2022-11-23. Consultado o 2022-11-23.