Santiago (álbum de The Chieftains)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Santiago
Álbum de The Chieftains
Publicado1996
Duración57:31
Xénero(s)Folk
Música tradicional galega
Música irlandesa
Música celta
Selo(s)RCA Records
Producido porPaddy Moloney
Cronoloxía
Film Cuts
(1996)
Santiago Long Journey Home
(1998)

Santiago é un álbum da banda irlandesa The Chieftains, publicado a través de RCA Records no ano 1996.[1] Está dedicado á música tradicional de Galicia, e tamén á adaptación do folclore musical dos emigrantes galegos na música latinoamericana, por exemplo, na música de México e Cuba. Paddy Moloney definiu a Galicia no folleto do CD como "o país celta con máis por descubrir".

O álbum conta coas colaboracións entre outros de Carlos Núñez, Linda Ronstadt, Los Lobos, Ry Cooder, Eliot Fisk, Richard Egües, Pancho Amat e Kepa Junkera. En 1997, o álbum gañou o premio Grammy ao Mellor álbum de música do mundo.[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Pilgrimage to Santiago, pt, 1: Txalaparta"  tradicional 1:16
2. "Pilgrimage to Santiago, pt, 2: Arku-Dantza / Arin-Arin"  tradicional 4:21
3. "Pilgrimage to Santiago, pt, 3: El Besu (The Kiss)"  tradicional 2:19
4. "Pilgrimage to Santiago, pt, 4: Não Vas Ao Mar, Toino (Don't Go to the Sea, Toino)"  tradicional 2:02
5. "Pilgrimage to Santiago, pt, 5: Dum Pater Familias / Ad Honorem"  tradicional 3:13
6. "Dueling Chanters (Sixpenny Money / Polka de Vilagarcia)"  tradicional 2:53
7. "Galician Overture"  Paddy Moloney 10:59
8. "Guadalupe" (con Linda Ronstadt e Los Lobos)tradicional 2:49
9. "Minho Waltz"  tradicional, arr. Matt Molloy 3:21
10. "Setting Sail / Muiñeira de Frexido"  tradicional, arr. P. Moloney 3:25
11. "Maneo"  tradicional 3:26
12. "Santiago de Cuba" (con Ry Cooder)tradicional, arr. P. Moloney 3:37
13. "Galleguita / Tutankhamen" (con Ry Cooder)tradicional 4:06
14. "Tears of Stone"  tradicional 2:39
15. "Dublin in Vigo" (Popurrí: a) Alborada Gallega; b) O Miudiño; c)Lola; d) Jackson's Morning Brush; e) Muiñeira de Cabana; f) Muiñeira de Chantada)tradicional 7:05

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Santiago - The Chieftains". AllMusic (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020. 
  2. "Gañadores dos Grammy 1996". www.grammy.com (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020.