Tampa Bay Rays
|
||
|---|---|---|
| Fundación | 1998 | |
| Liga | Americana | |
| División | Leste | |
| Nomes | Tampa Bay Devil Rays (1998-2007) Tampa Bay Rays (dende 2008) |
|
| Alcumes | D-Rays | |
| Propietario | Stuart Sternberg | |
| Adestrador | Andrew Friedman | |
| Series Mundiais | 0 | |
| Cores | Azul mariño, azul claro, branco e dourado |
|
| Estadio | Tropicana Field (1998-presente) | |
Os Tampa Bay Rays son un equipo profesional de béisbol con base en St. Petersburg, Florida, que compite na Major League Baseball (MLB). Actualmente o equipo xoga na conferencia Leste da American League. Dende a súa fundación en 1998 xogan no Tropicana Field. Remataron na derradeira posición en nove das súas primeiras dez tempadas, a primeira tempada dos Rays con máis vitorias que derrotas foi en 2008, cando gañaron o seu primeiro título de división. Gañaron dous títulos de división, en 2008 e 2010.
En novembro de 2007, o principal propietario, Stuart Sternberg, fixo cambios significativos na imaxe da franquía, cambiando o nome do equipo, de Tampa Bay Devil Rays a "Tampa Bay Rays". Os colores do equipo, antes negro, verde e azul, foron cambiados ao azul mariño, azul claro e dourado; e o símbolo do equipo foi cambiado, e agora é un raio de sol.
Estadios [editar]
- Tropicana Field (1998-presente)