Cowboy Bebop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Cowboy Bebop
カウボーイビバップ
(Kaubōi Bibappu)
Xénero Ficción, crime, cine negro, western do espzo
Anime Cowboy Bebop
Dirixido por Shinichirō Watanabe
Estudio Sunrise
Canle televisiva Flag of Japan.svg TV Tokyo, WOWOW, Animax
Primeira emisión 3 de abril do 1998
Última emisión 23 de abril de 1999
Núm. de capítulos 26
Manga Cowboy Bebop: Shooting Star
Creado por Hajime Yatate
Editor Kadokawa Shoten
Publicado en Flag of Japan.svg Tokyopop
Primeira edición Maio de 1998
Última edición Outubro de 1998
Núm. de volumes 2
Manga Cowboy Bebop: A New Story
Creado por Hajime Yatate
Editor Kadokawa Shoten
Publicado en Flag of Japan.svg Tokyopop
Primeira edición Abril de 1999
Última edición Abril de 2000
Núm. de volumes 3
Filme

Cowboy Bebop (カウボーイビバップ Kaubōi Bibappu?) é unha serie de anime dirixida e creada por Shinichirō Watanabe, tamén creador de Samurai Champloo. Está baseado no manga de Hajime Yatate Cowboy Bebop: Shooting Star e Cowboy Bebop: A New Story.

Personaxes[editar | editar a fonte]

A serie conta cunha tripulación con diferentes personaxes principais. Inicialmente non eran máis ca dous, Spike Spiegel e Jet Black, que traballan como cazadores de recompensas. Ó longo da història, a tripulación do Bebop medra coa chegada de Faye Valentine, Ed e Ein, a mascota do grupo.

  • Spike Spiegel ( スパイク スピーゲル Supaiku Supīgeru?)
Nado en Marte. É un ex membro do sindicato do crime Dragón Vermello. Spike é un mestre coas armas de fogo e co combate corpo a corpo, practica o Jeet Kune Do, e tamén é un experto piloto. A súa nave é un deseño Mono Racer personalizado, pintada de vermello. A pesares da súa actitude desleixada, está obsesionado coas lembranzas da súa estadía no sindicato, en particular da súa relación sentimental cunha misteriosa muller chamada "Julia", e do seu conflito co seu inimigo e excompañeiro "Vicious". Tamén é carteirista.
  • Jet Black ( ジェット ブラック Jett Burakku?)
Nado en Ganímedes. É un ex oficial ds ISSP (policía do espazo) e o dono da nave Bebop. É alcumado "O can negro" polo seu carácter implacábel. Deixou a ISSP xa que estaba farto da corrupción da organización, polo que dirixe a caza de recompensas como unha forma de buscar xustiza.
  • Faye Valentine ( フェイ ヴァレンタイン Fei Varentain?)
Unha muller fatal con adicción ó xogo. Únese á tripulación da Bebop sen que ninguén a convidara, para consternación de Jet e Spike. Abandona a nave en moitas ocasións durante o transcurso da serie, mais o afecto que sente pola tripulación, fai que sempre acabe volvendo. Jet e Spike que sempre deixan que volva aínda que afirman que están contentos cando ela se vai. Pilota unha nave espacial chamada Red Tail, que é de cor azul pálido. O seu xogo, o engano, e o seu carácter competitivo non teñen rival, agás para Spike. Gran parte do seu pasado é un misterio, xa que sufriu un accidente do que saíu gravemente ferida e permaneceu crioxenizada durante moitos anos. O seu pasado vaise descubrindo ó longo da serie.
  • Ed ( エドワード ウォン ハウ ペ ペル チブルスキー 4 世 Edowādo Hau Peperu Chiburusukī Yon-es?)
Nada na Terra, é unha nena xenio, excéntrica e unha experta hacker. Edo é unha nena, malia que o seu nome e a súa aparencia andróxina suxiren o contrario. Comprométese a axudar ós membros da Bebop en troques de converterse en membro da tripulación. A pesar de que é extremadamente intelixente, Edo é unha nena pequena, e considera á tripulación do Bebop como a súa familia. De feito, criouse nun orfanato terrestre dirixido por unha monxa, e o seu nome verdadeiro é Françoise.
  • Ein ( アイン Ain?)
Ein é un can experimental de laboratorio identificado como un "can de datos" polos científicos que o crearon. Este título seu, suxire que ten unha intelixencia superior (que supera mesmo á dos seres humanos), xa que case ó final da serie aparece "hakeando" un ordenador doadamente, mentres que os intentos previos dos seus compañeiros fracasaran. A pesar da súa intelixencia superior, a tripulación do Bebop non percibe esta cualidade. A miúdo fai unha vida propia dun can normal, e xeralmente véselle dando voltas pola nave.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]