Samuel Nathaniel Behrman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Samuel N. Behrman, nado o 9 de xuño de 1893 en Worcester, Massachusetts, e morto o 9 de setembro de 1973 en Nova York, foi un dramaturgo e guionista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na década de 1930 e1940 Behrman estivo considerado o principal autor da alta comedia de Broadway, escribiu obras para as actrices Ina Claire, Katharine Cornell, Jane Cowl e o equipo de actores de Alfred Lunt e Lynn Fontanne. Entre os seus principais éxitos estiveron The Second Man (1928), Biography (1932), End of Summer (1936), e No Time for Comedy (1939). A súa adaptación teatral da novela de Enid Bagnoldl, Serena Blandish, converteuse nun éxito para a actriz Ruth Gordon. Tamén adaptou obras de Jean Giraudoux, Marcel Achard e un relato de William Somerset Maugham. Co compositor Harold Rome adaptou a triloxía Fanny de Marcel Pagnol a unha comedia musical para a escena.

Hollywood[editar | editar a fonte]

En Hollywood traballou en guións para Greta Garbo, incluíndo Queen Christina, Conquest e o seu último filme Two-Faced Woman. Con Sonya Levien escribiu o guión da adaptación cinematográfica de Liliom de Ferenc Molnar con Charles Farrell e Rose Hobart. As súas experiencias en Hollywood colleron forma dramática en Let me Hear the Melody (1951).

As comedias de Berhman celebran repetidamente a tolerancia e xenerosidade das persoas, aínda co risco de seren vulnerables ós fanáticos e oportunistas.

Behrman escribiu para The New Yorker, parte dos seus escritos recolléronos Max Beerbohm e Joseph Duveen en senllos libros. Os seus ensaio biográficos apareceron no The New Yorker, e máis tarde en dous volumes The Worcester Account (1955) e People in a Diary (1972).

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Robert F. Gross. S. N. Behrman: A Research and Production Sourcebook. Greenwood Press, 1992.
  • Kenneth T. Reed. S. N. Behrman. Twayne Publishers, 1975.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]