Sak Noel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSak Noel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de abril de 1983 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
La Cellera de Ter, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndisc-jóckey , produtor musical Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoHouse Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoMad Decent (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina websaknoel.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: saknoel Twitter: saknoel Instagram: saknoel Musicbrainz: 60041bf3-412a-40ab-847a-78c7b1db3823 Songkick: 4678293 Discogs: 2170247 Editar o valor em Wikidata

Isaac Mahmood Noell, nado en La Cellera de Ter, Xirona, o 12 de abril de 1983, máis coñecido como Sak Noel, é un disc jockey, produtor, compositor e director de videoclips español. Foi cofundador e director de Moguda, unha comunidade nocturna de Cataluña. Moguda cesou operacións en 2011 cando Sak Noel fundou a súa propia empresa NOEL MUSIC.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sak Noel comezou na música na adolescencia, influído polos sons electrónicos. Tras ter producido cantidade de temas para terceiros decide establecerse pola súa conta adoptando o nome artístico "Sak Noel". O seu primeiro sinxelo "Loca People (2011)" foi un grande éxito a nivel mundial acadando varios nº1 en diferentes países[1] de entre os cales destaca o conseguido no Reino Unido (UK Official Charts),[2] sendo o 5º artista español (e o primeiro compositor español) da historia en facelo. O remix de "Loca People" con Sensato e Pitbull "Crazy People" logra o nomeamento como Best Urban Song nos XIII Latin Grammy Awards (2012).[3]

O sinxelo sucesor de "Loca People" chamado "Paso (The Nini Anthem)" converteuse no segundo maior éxito da carreira de Sak Noel ao lograr máis de 30 millóns de visitas en Youtube e conseguir destacar en varias listas a nivel mundial.

Despois de varios anos apartado da primeira liña regresou co sinxelo "Non Boyfriend" (2014), xunto a Mayra Veronica, conseguindo máis de 30 millóns de visitas en YouTube e converténdose nun fenómeno viral en Estados Unidos. A canción debutou no número #40 do Dance/Mix Show Airplay.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • «Loca People» (2011)
  • «Paso (The Nini Anthem)» (2011)
  • «Where? (I Lost My Underwear)» (2012)
  • «Party on my level» (Con Sito Rocks) (2013)
  • «I Am The Law» (2013)
  • «Young & Reckless» (Con Dá Beat Freakz) (2014)
  • «No Boyfriendl» (Con Mayra Veronica) (2014)
  • «Pinga» (Con Sito Rocks) (2015)
  • «Trumpets» (xunto a Salvi con Sean Paul) (2016)
  • «OMG» (2017)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sak Noel - Loca People (What The F k!)". hitparade.ch (en alemán). Hung Medien. 
  2. "Artist Chart History > Sak Noel" (en inglés). The Official Charts Company. 
  3. "JUANES AND SANTANA TO PERFORM TOGETHER FOR THE FIRST TIME ON THE XIII ANNUAL LATIN GRAMMY AWARDS®". LatinGRAMMY.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2022. Consultado o 21 de febreiro de 2022. 
  4. "Sak Noel - Chart history". Billboard (en inglés). Prometheus Global Media. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]