SEAT 600

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SEAT 600

Outros nomes Seiscentos
Matriz Instituto Nacional de Industria
Fabricante SEAT
País España España
Deseño Dante Giacosa
Produción 783.745 unidades
Montaxe Barcelona, Cataluña Cataluña
Período 1957 - 1973 (16 anos)
Configuración
Tipo Automóbil de turismo
Segmento Segmento A
Carrozaría 2 portas
Configuración Motor traseiro lonxitudinal, tracción traseira
Dimensións
Lonxitude 3322 mm
Anchura 1380 mm
Altura 1405 mm
Distancia eixes 2000 mm
Peso 590 – 635 kg
Características técnicas
Motor 633 e 767 cc (21,5 e 29 CV)
Modelos relacionados
Relacionado FIAT 600
Sucesor SEAT 850, SEAT 127, SEAT 133
Rival Citroën 2CV
Austin/Morris Mini
Renault 4
Volkswagen Escaravello


O SEAT 600 é un modelo de automóbil de turismo cativo do segmento A, producido polo fabricante español SEAT entre os anos 1957 e 1973, copiando o deseño do FIAT 600.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Foi o segundo modelo comercializado pola marca española tralo SEAT 1400. O SEAT 600 pertence ó segmento de vehículos con motor traseiro, tracción traseira e dúas portas.

O primeiro coche deste modelo saíu da fábrica de Barcelona o 27 de xuño de 1957, a un prezo de venda de 60.000 pesetas (o salario medio daquela rondaba as 50.000 pesetas anuais). O último foi fabricado o 3 de agosto de 1973.[1] A primeira serie tiña portas de abertura inversa.

O motor orixinal de gasolina tiña 4 cilindros en liña, 633 cc e producía 21'5 cabalos de potencia. En 1963 saíu ó mercado o modelo 600D, que contaba cun motor de 767 cc que entregaba 29 cabalos.

Na época na que estivo no mercado, tiña como principais rivais ó Citroën 2CV, ó Volkswagen Escaravello, ó Renault 4 ou ó Mini.

Do SEAT 600 producíronse case 800.000 unidades.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Calendario 2014 MUNCYT e información colocada xunto ó Seat 600 exposto no MUNCYT Coruña.
  2. Segundo a web Museoseat.com, 797.349 unidades; segundo o Calendario 2014 MUNCYT, 799.419.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]