Segmento A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kia Picanto, un automóbil de turismo do segmento A con carrozaría hatchback.
Fiat Panda, un automóbil de segmento A de 1980.

O segmento A é un segmento de automóbiles que se sitúa por encima dos microcoches e por baixo do segmento B. Actualmente estes vehículos miden aproximadamente entre 3´30 m e 3´70 m de longo, e xeralmente teñen espazo suficiente para catro adultos, a diferenza dun microcoche que só ten cabida para dúas persoas.

Salvo escasas excepcións, a carrozaría é practicamente sempre hatchback ou monovolume; neste último caso denomínanse tamén "micromonovolumes". Os motores teñen como máximo catro cilindros e poucas veces superan os 1´6 litros de cilindrada.

Non hai designacións específicas para nomear a estes automóbiles, senón que conviven varios términos como "automóbiles (micro)urbanos", "cidadáns", "utilitarios" ou "pequenos". En Xapón existe unha categoría fiscal para estes automóbiles denominada kei car, que determina entre outros aspectos unha lonxitude menor a 3´40 m e unha cilindrada inferior a 660 cc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]