SEAT 1400

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SEAT 1400
Seat1400.jpg
Fabricante España SEAT
Produción 1953-1963
Predecesor -
Sucesor SEAT 1500
Motor 1395 cc
Potencia 44 CV
Lonxitude 4'240 m
Anchura 1'655 m
Altura 1'575 m

O SEAT 1400 é un modelo de automóbil de turismo familiar, producido polo fabricante español SEAT entre os anos 1953 e 1963, con licenza da empresa Fiat. Foi o primeiro modelo comercializado pola marca española, 4 anos antes que o SEAT 600. O SEAT 1400 pertence ó segmento de vehículos con motor dianteiro, tracción traseira e 4 ou 5 portas segundo as versións.

O motor orixinal de gasolina tiña 4 cilindros en liña, 1395 cc e producía 44 cabalos de potencia. As seguintes versións foron engadindo potencia, ata chegar ós 58 CV no SEAT 1400 B Special (na imaxe). Ademais dun motor máis potente, este modelo incluía cromados e pneumáticos con banda branca, amitándose á moda dos coches norteamericanos do momento.

O modelo SEAT 1400 C de 1960 supuxo un troco total no deseño exterior do vehículo. Este deseño sería adoptado posteriormente polo sucesor do 1400, o SEAT 1500.

Do SEAT 1400 producíronse 82.894 unidades.

SEAT 1400 A
SEAT 1400 B
Deseño do SEAT 1400 C.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]