Romano III
Romano III, nado no 968 e finado o 11 de abril de 1034, foi o emperador bizantino dende o 15 de novembro de 1028 ata a súa morte. O seu apelido Argyros, significa "prata", e en grego o seu nome completo era Ρωμανός Αργυρός.
Romano foi un patricio bizantino non especialmente destacado, que foi obrigado polo emperador Constantino VIII a casar coa súa filla Zoe e converterse no seu sucesor. Mostrou gran disposición a deixar unha marca duradeira como emperador, pero non tivo gran fortuna nas súas empresas. Gastou grandes sumas na construción de novos edificios e na dotación de mosteiros, e na súa vontade de suavizar a presión fiscal desbaratou as finanzas do Imperio.
En 1030, decidido a responder ás incursións musulmás sobre as súas fronteiras orientais, dirixiu persoalmente un grande exército contra Alepo, pero foi sorprendido na súa marcha e sufriu unha grave derrota en Azaz, preto de Antioquía. Aínda que este desastre foi compensado pola defensa de Edesa por parte de Xurxo Maniaces e pola derrota dunha flota árabe no Adriático, Romano nunca recuperou a súa popularidade. A súa morte temperá crese que foi debida a un envelenamento inducido pola súa esposa.
Bibliografía[editar]
- Miguel Psellos o Xove, Cronografía (ed. esp.: Miguel Pselo, Vidas de los emperadores de Bizancio, Madrid: Ed. Gredos, 2005).
| Imperio Bizantino | ||
|---|---|---|
Segue a: Constantino VIII |
Romano III | Precede a: Miguel IV |
| Dinastía Macedonia | ||