Rollhockey Club Wimmis
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
RHC Wimmis | |
---|---|
Cidade | Wimmis, Berna Suíza |
Historia | 1975 |
Fundado | 1975 |
Pavillón | Rollhockey-Halle Wimmis |
Presidente | Beat Meier |
Adestrador | Dominic Wirth |
Competición | LNA Suíza Copa CERS |
Títulos | |
LNA suíza | 1 (2007) |
Copa suíza | 3 (1988, 1996, 2005) |
Cores | Vermello e amarelo |
Sitio web Sitio web oficial |
O Rollhockey Club Wimmis é un club de hóckey a patíns da cidade de Wimmis (Suíza). Foi fundado o 27 de setembro de 1975 e actualmente compite na LNA.
No ano 2000 o club acolleu o Campionato de Europa.
Historia[editar | editar a fonte]
O club foi fundado en 1975 por dous xogadores de hóckey que se atopaban na procura dunha formación axeitada para xogar en verán. No ínterim, un grupo de entusiastas da rexión e ben coñecidos en Wimmis fixeron medrar ao club. O club tivo un lugar provisional nas instalacións da escola de primaria.
O punto culminante dos 30 anos de historia do foron sen dúbida a organización da 44ª edición do Campionato de Europa, do 4 ao 10 de xuño do 2000 na sala do hóckey a patíns do Rollhockeyhalle Herrenmatte Portugal, España, Italia, Francia, Alemaña, Inglaterra, Holanda e, por suposto, o equipo nacional suízo xogaron durante unha semana polo título, que finalmente acadaría España tras gañar na final a Portugal.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- 1 Liga suíza LNA: 2007.
- 3 Copas suízas: 1988, 1996 e 2005.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |