Rock electrónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rock electrónico
Orixes do estilo: rock alternativo, post-punk, música electrónica, house, techno, dance alternativo, synthpop, big beat, electropop
Orixes culturais: mediados dos 90 en New York e Manchester
Instrumentos típicos: teclados, guitarra, baixo, batería, sintetizadores, percusión
Popularidade:

O rock alectrónico, tamén coñecido como electro rock, digital rock ou synthrock, é a combinación damúsica electrónica coa música rock tradicional. A súa aparición podería situarse nos anos 50 cunha lenta progresión ata os anos 60, porén, non foi ata a invención do MIDI, permitindo a comunicación entre varios instrumentos electrónicos e facendo que estes instrumentos fosen máis sinxelos de interpretar e gravar. Este feito fixo que a música electrónica e o rock se integrasen plenamente na escena musical.

Tecnoloxía[editar | editar a fonte]

A tecnoloxía xogou un papel crucial no desenvolvimento do rock electrónico. Os dous inventos que tiveron un impacto máis significativo na música electrónica e no electro-rock foron o sintetizador e o MIDI. O primeiro sintetizador foi creado no ano 1876 polo enxeñeiro eléctrico Elisha Gray, que tamén estivo involucrado na invención do teléfono. Porén, non foi ata 1964 cando Robert Moog creou o sintetizador Moog. Este instrumento electrónico úsase para producir unha variedade de sons distintos que poden ser modificados en ton e frecuencia. Este instrumento é a base de case todas as composicións da música electrónica. O MIDI (Musical Instrument Digital Interface), é a segunda invención máis importante para a música electrónica. Foi creado en 1982 e funciona enviando información entre distintos aparellos, como ordenadores ou sintetizadores, e instrumentos, traballando así máis eficazmente e sincronizados. Na actualidade hai moitos tipos de conectores e interfaces distintos que poden usar MIDI, polo que existen gran cantidade de dispositivos que o utilizan, como os videoxogos e os teléfonos móbiles.