Robert Moog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Robert Moog, nado en 1934 e finado en 2005, foi un inventor, músico e enxeñeiro norteamericano que, xunto co compositor Herbert Deutsch, inventou o moderno sintetizador (o Moog, presentado nun congreso en 1964).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O primeiro Moog era monofónico (o que imposibilitaba a creación de acordes) e precisaba ser afinado constantemente, pois era analóxico.

Creou a empresa Moog Music Inc., na cal foran producidos os sintetizadores utilizados por artistas como Wendy Carlos (na banda sonora de A Clockwork Orange) e polo grupo de rock progresivo Emerson, Lake & Palmer, polo tecladista Keith Emerson. Lanzou posteriormente o Minimoog, o máis vendido da empresa en todos os tempos. Inventou o Moog Taurus, un sintetizador para ser tocado cos pés, para ser utilizado como un contrabaixo, o Vocoder (ligado a un micrófono, permitía a alteración na voz), o Polymoog, de 1976, polifónico e que viña con sons gravados de fábrica, e o Moog Liberation, teclado que permitía ser colocado no usuario como unha guitarra, alén do Memorymoog, que permitía a gravación de sons polo tecladista.

Non se limitou apenas a tecnoloxía do sintetizador, tamén inventou outros instrumentos, como o theremin (instrumento musical electrónico que é executado movéndose as mans preto de unha antena, moi usado en filmes de ciencia-ficción e horror), pola Big Briar, empresa que fundou ao se retirar da Moog.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]