Robert Whitaker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRobert Whitaker

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Denver, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo, medicina, ciencia, historia, actividade literaria e xornalismo de investigación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios


Robert Whitaker, nado en Denver (Colorado) en 1952, é un xornalista e escritor estadounidense especializado en historia da medicina, historia da psiquiatría, ensaios clínicos e psicofármacos.[1] Finalista do premio Pulitzer en 1998, Robert Whitaker lidera no seu país o movemento crítico contra a psiquiatría biomédica. Cuestiona en particular a expansión das enfermidades mentais e o papel que desempeñou a prescrición desaforada de psicofármacos promovida desde a psiquiatría oficial académica. Recibiu diversos premios e recoñecementos na súa carreira profesional polo seu labor como xornalista sobre temas médicos relacionados cos trastornos mentais e a industria farmacéutica, entre eles, finalista do premio Pulitzer en 1998 por unha serie de artigos que co-escribiu para o Boston Globe sobre os abusos da experimentación en pacientes psiquiátricos. A súa obra Anatomy of an Epidemic[2] foi declarada pola Investigative Reporters and Editors norteamericana como o mellor traballo de xornalismo de investigación de 2010. Foi publicada en España como "Anatomía de una Epidemia. Medicamentos psiquiátricos y el asombroso aumento de las enfermedades mentales[3]".

O seu traballo tivo eco a nivel internacional e requíreselle en moitas partes do globo para que realice conferencias explicando os seus descubrimentos. A comunidade de pacientes psiquiátricos recibiu os seus traballos con gran entusiasmo e ansiado alivio.

Robert Whitaker é o fundador e responsable de Mad in America[4] unha web crítica co sistema psiquiátrico actual.

Visitou Santiago de Compostela en maio de 2016 onde participou nunha xornada formativa organizada pola ATFM de Galicia[5] celebrada na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "author's biography". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2008. Consultado o 01 de novembro de 2020. 
  2. Whitaker, Robert (2010). Anatomy of an Epidemic. 
  3. Whitaker, Robert (2015). Anatomía de una epidemia. Capitan Swing. 
  4. "Mad in America". https://www.madinamerica.com/. Consultado o 01/11/2020.  Ligazón externa en |páxina-web= (Axuda)
  5. "Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia". http://atfmgalicia.gal. Consultado o 1/11/2020.  Ligazón externa en |páxina-web= (Axuda)