Robert Bresson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Bresson.

Robert Bresson, nado en Bromont-Lamothe o 25 de setembro de 1901 e finado o 18 de decembro de 1999, foi un director de cine francés. A súa influencia no cine levou a Jean-Luc Godard a escribir "Robert Bresson é o cine francés, como Dostoievsky é a novelar usa e Mozart é a música alemá."[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe dos primeiros anos da súa vida, e mesmo hai dúbidas sobre o seu ano de nacemento.

Fotógrafo nos seus inicios artísticos, Bresson rodou a súa primeira curtametraxe en 1934. Durante a Segunda Guerra Mundial pasou un ano nun campo de prisioneiros, experiencia que logo utilizou en Un condamné à mort s'est échappé ou Le vent souffle où il veut.

En cincuenta anos de carreira só dirixiu trece longametraxes, nas que plasmou a súa idea dos actores-modelo: os actores eran obrigados a repetir as tomas ata que a súa interpretación quedase libre de case calquera emoción.

En 1975 escribiu Notes sur le Cinématographe, un influínte libro sobre teoría do cine.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ficha na IMDb (en inglés)