Robert Bartlett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Bartlett

Robert Abram Bartlett, nado en 1875 e finado en 1946, foi un explorador norteamericano de orixe canadense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Brigus, Terranova no seo dunha familia de pescadores, cando tiña 17 anos xa capitaneaba o seu primeiro barco, Bartlett pasou 50 anos realizando mapas e explorando as augas do Polo Norte, e dirixiu máis de 40 expedicións ao Ártico, máis que ninguén, antes ou despois.<b

Acompañou a Robert Peary co barco Roosevelt na súa exploración do Ártico, aínda que non participou na expedición final ao queren Peary ser o único branco en chegar o Polo Norte. Pero Bartlett foi o primeiro en navegar ao norte dos 88° N de latitude.

En 1914 Bartlett conseguiu salvar a vida dos homes que participaban na Expedición Karluk, logo que Vilhjalmur Stefansson, que a dirixía, deixara a expedición. Bartlett percorreu máis de 1000 quilómetros entre a Illa Wrangel, en Siberia ata Alasca para pedir axuda. Entre 1925 e 1945 dirixiu numerosas expedicións científicas ao Ártico, co apoio de museos americanos, clubs de exploradores e a National Geographic Society, adoptou a nacionalidade norteamericana para mellor financiar as súas viaxes.