Rik Smits

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rik Smits
Posición Pivote
Dorsal 24, 45
Altura 2,24 m (7 ft 4 in)
Peso 113 kg (250 lb)
Nacemento 23 de agosto de 1966 (48 anos)
Flag of the Netherlands.svg Eindhoven
Carreira
Tempadas 19882000
NBA Draft 1988 / Rolda: 1 / Elección: 2

Escollido por Indiana Pacers

Universidade Marist College (1984-1988)
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     12 871 (14.8 pp)
Rebotes     5 277 (6.1 pp)
Asistencias     1 111 (1.3 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Rik Smits, nado o 23 de agosto de 1966 en Eindhoven, é un xogador retirado holandés de baloncesto profesional que pasou toda a súa carreira nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao principio, Smits era suplente de Steve Stipanovich, pero cando Stipanovich sufriu unha terrible lesión que acabou coa súa carreira, Smits foi titular en 71 partidos na súa tempada coma rookie, facendo 11.7 puntos e 6.1 rebotes por partido, rematando a tempada no mellor quinteto de rookies da liga. Smits continuou acadando dobres díxitos en puntos durante cada ano da súa carreira, pero non foi ata 1993-1994 cando Smits chegou a liderar ao equipo.

Foi elixido para o equipo da Conferencia Leste no All-Star Game da NBA de 1998. Smits tivo problemas nos pés durante case toda a súa carreira, e retirouse ó remate da tempada 1999-2000, despois de que os Pacers caeran eliminados polos Los Angeles Lakers nas Finais da NBA por 4-2.

Smits foi seleccionado no equipo do 40º aniversario dos Pacers, elixido polos fans. Rematou na cuarta posición dos máis votados, por detrás de Reggie Miller, Mel Daniels e Jermaine O'Neal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]