Richard James Umbers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRichard James Umbers
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1971 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Auckland Editar o valor em Wikidata
Bispo titular
24 de xuño de 2016 –
Diocese: Thala (en) Traducir
Bispo auxiliar
24 de xuño de 2016 –
Diocese: Arquidiocese de Sydney (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Waikato Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2016–), sacerdote católico (2002–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAnthony Colin Joseph Fisher (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Richard James Umbers, nado o 17 de marzo de 1971 en Otahuhu (Nova Zelandia), é un eclesiástico católico latino, dende 2016 bispo auxiliar de Sidney.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 17 de marzo de 1971 en Otahuhu, un suburbio de Auckland, en Nova Zelandia.[1] Logo de rematar os estudos de secundaria en Auckland, trasladouse a Sidney, onde se graduou en Económicas pola Universidade de Sidney en 1993.[1] Posteriormente, en 1995 completou un mestrado en Xestión empresarial na Universidade de Waikato, en Nova Zelandia. Entre 1996 e 1999 realizou estudos eclesiásticos no Colexio Romano da Santa Cruz e na Pontificia Universidade da Santa Cruz,[1] en Roma, e finalmente doutorouse en Filosofía pola Universidade de Navarra en 2002 coa tese "Virtue Epistemology in Linda Zagzebski".[1] O 1 de setembro de 2002 foi ordenado sacerdote da prelatura do Opus Dei no santuario de Torreciudad.[1] Á súa volta a Australia, foi capelán no Redfield College de Dural até 2012 e no Kenvale College de Randwick até 2006, e tamén foi profesor de Ética e Filosofía na Universidade de Notre Dame Australia até 2013.[1]

O 24 de xuño de 2016 foi nomeado bispo auxiliar de Sidney e bispo titular de Thala polo papa Francisco, ao mesmo tempo que o tamén auxiliar Anthony Randazzo.[1] Recibiu a consagración episcopal o 24 de agosto seguinte, de mans do arcebispo de Sidney Anthony Colin Joseph Fisher, e tivo como co-consagrantes ao arcebispo de Brisbane Mark Benedict Coleridge e ao bispo de Macau Stephen Lee Bun Sang.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Trèmols, Fina (24 de xuño de 2016). "El papa Francisco nombra a Mons. Richard James Umbers obispo auxiliar de Sydney". unav.edu (Universidade de Navarra) (en castelán). Consultado o 15/05/2023. 
  2. "Two new bishops ordained for the Archdiocese of Sydney". The Record (therecord.com.au (en inglés). 31 de agosto de 2016. Consultado o 15/05/2023. The Most Reverend Anthony Fisher OP, Archbishop of Sydney, was the Principal consecrator and celebrant. The Most Reverend Mark Coleridge, Archbishop of Brisbane, and the Most Reverend Stephen Lee Bun-sang, Bishop of Macau, were the principal co-consecrators.