Santuario de Torreciudad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario de Torreciudad
PaísEspaña
Coordenadas42°10′12″N 0°14′05″L / 42.17009914, 0.23481131Coordenadas: 42°10′12″N 0°14′05″L / 42.17009914, 0.23481131
EstiloNeomudéxar
Páxina webhttp://www.torreciudad.org/
editar datos en Wikidata ]
Vista exterior do Santuario de Torreciudad
Vista do retablo do Santuario de Torrecidudad, á esquerda pódese ver unha estatua de Xosemaría Escrivá de Balaguer rezando.

O Santuario de Torreciudad está adicado á Virxe María, e situado no municipio de Secastilla, comarca de Ribagorza, no Alto Aragón. Atópase na marxe esquerda do río Cinca moi preto do encoro de El Grado. A súa distancia a Huesca é de 75 km. O nome provén dunha vella torre de vixilancia da época árabe, cuxas ruínas atópanse a uns metros da antiga ermida. A construción do Santuario actual foi promovida pola Prelatura do Opus Dei.

O santuario de Torreciudad xunto cos santuarios de O Pilar, Montserrat e Lourdes conforman a Ruta mariana [1]

Descrición[editar | editar a fonte]

A Virxe de Torreciudad é unha talla románica da serie de Virxes negras, sedente co neno nos seus brazos mirando á fronte, do século XI. Desde tempo inmemorial atópase nunha ermida ao bordo dun barranco xunto ao río Cinca, pertencendo historicamente ao termo municipal de Bolturina. Este pobo está actualmente deshabitado, polo que Torreciudad áchase no termo municipal de Secastilla. A advocación baixo a que se venera é a de "A nosa Señora dos Anxos". A devoción a esta imaxe chegou a ter certa importancia entre os habitantes das poboacións próximas, da Ribagorza aragonesa e do Somontano, que organizaban romarías e peregrinacións.

En 1904, Xosemaría Escrivá de Balaguer, de dous anos de idade, foi levado en peregrinación ata esta ermida en brazos da súa nai; sufrira unha grave enfermidade da que se temía a súa morte, polo que os seus pais pediron á Virxe de Torreciudad a súa curación. Como agradecemento pola súa curación foi levado en lombos de cabalería desde Barbastro a Torreciudad.

Desde os anos 1960, Escrivá de Balaguer decide construír un novo santuario en agradecemento á Virxe. O actual santuario inaugurouse o 7 de xullo de 1975, e foi construído polo arquitecto numerario do Opus Dei, Heliodoro Dols de 1970 a 1975 a unhas decenas de metros da ermida. O 26 de xuño de 1979 o Santuario sufriu un atentado bomba da banda terrorista ETA, resultando a estrutura case indemne.[2]

Cun estilo moi persoal, destaca pola variedade de formas que logra crear cun elemento construtivo básico, o ladrillo. Usa tamén con profusión o alabastro, especialmente en esquineiras e en fiestras. Ambos materiais responden ás tradicións construtivas daquelas comarcas. O santuario ten dúas plantas, a nave principal (planta superior) que inclúe un coro alto, e unha cripta con catro capelas e confesionarios. As capelas son a da Virxe do Pilar, a da Virxe de Loreto, a da Virxe de Guadalupe e a da Sagrada Familia. O edificio queda enmarcado por unha explanada pechada por arquearías preparada para recibir a varios miles de persoas.

Destaca o retablo, esculpido en alabastro por Joan Mayné, que representa distintas escenas da Virxe María. No centro atópase a talla románica, restaurada con ocasión da construción do actual santuario. Á esquerda engadiuse en 1994 unha imaxe de San Xosemaría Escrivá de Balaguer. Na capela do Santísimo atópase un Cristo en bronce dourado ao lume, esculpido polo artista italiano Pasquale Sciancalepore.

Tamén é notable o órgano, con máis de catro mil tubos. En agosto vénse celebrando un festival de música de órgano.

Actualmente é un dos centros de atracción máis importantes da zona, recibindo miles de visitas nalgunhas celebracións, especialmente entre abril e outubro. Desde mediados da década de 1980 o santuario promocionou a chamada ruta mariana, que enlaza Zaragoza (pola basílica do Pilar), Torreciudad e Lourdes. Aos pés do santuario atópase o pobo de El Grado, que desenvolveu unha notable industria de servizos grazas á súa proximidade a Torreciudad.

Consérvase tamén a ermida coa súa vella hospedaría, aberta ao público. Na actualidade a canle do barranco foi enchido por un encoro de aproveitamento hidroeléctrico, resultando dun grande efecto paisaxístico.

A festa da Virxe de Torreciudad celébrase o domingo seguinte ao 15 de agosto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Torreciudad - Ruta Mariana" (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  2. "Huesca: Bomba en la Basílica de Torreciudad". ABC. 26 de xuño de 1979. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]