Ricardo Neira Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicardo Neira Fernández
Biografía
Nacemento17 de abril de 1878 Editar o valor em Wikidata
Fene, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de marzo de 1942 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Tarbes, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata

Ricardo Neira Fernández, nado en Fene o 17 de abril de 1878 e finado en Tarbes (Altos Pireneos) o 13 de marzo de 1942, foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou no corpo administrativo da Armada en xullo de 1897. En 1902 era contador de fragata con destino no Arsenal de Ferrol, en 1911 contador de navío, en 1920 comisario e en 1930 comisario de primeira clase. Falaba francés, inglés, sueco, italiano e alemán e era mestre superior con título de mérito e avogado. Desprazouse en comisión de servizos a Berlín en 1914, Suecia e Suíza en 1916, Estocolmo en 1921 e Fiume en 1925. Dende 1925 foi xefe da Factoría de Subsistencias do Ministerio. O seu último destino en 1929 foi a Escola de Aeronáutica Nacional de Barcelona, onde se retirou en agosto de 1931 co grao de tenente coronel de Intendencia.

Establecido en Barcelona, ingresou na UGT e no PSOE e foi director do semanario La Internacional da UGT entre maio e decembro de 1931 e vogal do Comité Executivo da Federación Regional de UGT dende decembro dese ano. Asinaba as súas colaboracións co pseudónimo Teniente Coronel. En agosto de 1932 foi presidente da Federación Socialista do PSOE en Barcelona e vogal do Comité Nacional do PSOE representando a Cataluña en 1932 e 1933. Foi delegado ao XIII Congreso do PSOE en outubro de 1932 e candidato do PSOE por Barcelona-capital na candidatura da Fronte Obreira (PSOE e Bloque Obrero y Campesino) nas eleccións de novembro de 1933, pero non resultou elixido. Pertenceu ao sector da dereita do PSOE.

Durante a guerra foi caixeiro da Comisión de Compras de Material de Guerra en París. Finalizada a guerra permaneceu exiliado en Francia, e morreu en Tarbes o 16 de marzo de 1942.

En 1939 apareceu en Barcelona a súa tradución do alemán do libro de Johannes Spiess, ¡Submarinos!: seis años de crucero en submarino.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Concedéronlle a Placa de San Hermenegildo en 1933 .[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Felicia Suances Maristany.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo Gallego, 26-5-1933, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 30-10-1942, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha na Fundación Pablo Iglesias.