Revolución davidiana
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A revolución davidiana é un termo empregado por moitos estudosos para denominar aos cambios que tiveron lugar no reino de Escocia durante o reinado de David I. Isto produciu a fundación de burgos, a implementación dos ideais da reforma gregoriana, a fundación de mosteiros, unha crecente influencia normanda sobre o goberno escocés, e a introdución do feudalismo a través de cabaleiros inmigrantes franceses e anglo-normandos.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa historia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |