Remake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No cinema, un a remake é un filme baseado noutro producido con anterioridade.[1] Unha nova versión dunha serie de televisión tamén é chamada remake.[2]

Cinema[editar | editar a fonte]

O termo "remake" emprégase en xeral para referirse a un filme que usa un filme anterior como fonte principal, e non a unha segunda parte ou continuación baseada na mesma fonte. Por exemplo, Ocean's Eleven (2001) é un remake de Ocean's 11; Batman (1989) é unha reinterpretación do material da banda deseñada que xa inspirara o filme de 1966; Psycho, dirixida por Gus Van Sant en 1998 é unha copia plano por plano de Psycho de Alfred Hitchcock.

Ocasionalmente os remakes son filmados polo mesmo director: Yasujirō Ozu dirixiu en branco en negro Ukigusa monogatari e en cor o seu remake Herbas errantes. Alfred Hitchcock tamén fixo o mesmo con The Man Who Knew Too Much (1934, en branco e negro) e The Man Who Knew Too Much (1956, en cor). En 2008, Michael Haneke dirixiu Funny Games calcando plano a plano o seu orixinal Funny Games, levando aos Estados Unidos e en inglés o que orixinariamente ocorría en Austria e en alemán.

Televisión[editar | editar a fonte]

Os remakes son menos habituais na televisión, pero téñense feito novas versións de series, como Battlestar Galactica (1978 e 2004) ou Hawaii Five-O (1968, 2010). Porén, si se fixeron varios remakes nos Estados Unidos de series británicas, como Three's Company, remake de Man About the House, que mesmo deu lugar a remakes de spin-offs, como The Ropers e George e Mildred.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beaver, Frank Eugene (2006). Dictionary of Film Terms: The Aesthetic Companion To Film Art. Peter Lang. p. 204. ISBN 978-0-8204-7298-0. http://books.google.com/books?id=Jj7vAjkArz4C&pg=PA204. Consultado o 29 de xullo de 2013.
  2. Looy, Jan van (Febreiro de 2010). Understanding computer game culture: the cultural shaping of a new medium. Lambert Academic Pub.. ISBN 978-3-8383-3213-0. http://books.google.com/books?id=UPtOAQAAIAAJ. Consultado o 29 de xullo de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]