Rei das ratas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo do fenómeno Rei das ratas nun museo alemán.

Coñécese como rei das ratas o fenómeno posibelmente só lendario, que ocorrería sobre todo coas ratas, ao haber un entrecruzamento das súas colas estando estas arrexuntadas no interior dun niño que, segundo a lenda, pois os animais convivirían en recintos de pequenas dimensións polo cal os rabos quedarían entrelazados e colados debido ao sangue, os excrementos ou a refugallos enxoitos que se impregnan un nó imposíbel de desfacer.

Os animais así enlazados poden vivir e crecer xuntos. Segundo a lenda, habería un Rei das ratas que exercería unha certa autoridade sobre as outras ratas, conseguindo, por exemplo, que lle consigan comida.

Explicación[editar | editar a fonte]

A maioría dos investigadores cren que este fenómeno é produto da imaxinación e se cadra foi creado pola manipulación consciente por parte de seres humanos, que atan as colas de ratas mortas e as momifican. Por outra banda, a causa podería ser que as crías de rata ocupaban espazos pequenos dalgúns edificios, acabando unidas entre si. Con todo, a conduta natural das ratas, que normalmente buscan a súa propia comodidade, contradí esta teoría. Non hai estudos científicos que corroboren unha causa natural do fenómeno.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rei das ratas

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rottekonger. Facts & Faenomener Nr. 3/1995 (en dinamarqués)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]