Rare Replay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rare Replay
Desenvolvedor(es)Rare
Distribuidora(s)Microsoft Studios
Deseñador(es)Paul Collins
Compositor(es)Robin Beanland[a]
Lanzamento4 de agosto de 2015
XéneroCompilación
Modos de xogoUn xogador, multixogador
Plataforma(s)Xbox One
Na rede
https://www.rare.co.uk/games/rare-replay
Youtube: UCOmkHVeEMAE0pIkUlNNBhog Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rare Replay é unha compilación de 30 videoxogos publicada en 2015, todos eles parte da historia de publicacións da desenvolvedora Rare e da súa predecesora, Ultimate Play The Game. Os xogos emulados pertencen a varios xéneros e videoconsolas, dende a ZX Spectrum ata a Xbox 360, e manteñen as características e erros das publicacións orixinais cun número mínimo de edicións. A compilación engade a posibilidade de facer trampas para que os xogos máis vellos resulten máis doados, e un modo de "instantáneas" de desafíos específicos seleccionados de partes específicas dos xogos. O progreso do xogador recompénsase con metraxe making-of e entrevistas sobre os principais xogos de Rare e outros non publicados.

Esta compilación foi unha de varias ideas que a compañía Rare considerou realizar para celebrar o seu 30º aniversario. Inspirados polos seus fans, polas características de retrocompatibilidade da Xbox One e por un desexo de ligar o pasado e futuro da empresa, Rare realizou unha selección de entre 120 xogos para escoller os que consideraban que mellor representaban a súa obra completa. Nesta selección priorizaron aqueles xogos con características e ambientes orixinais da empresa. Rare incorporou catro emuladores no paquete, e traballou coa súa empresa nai Microsoft para utilizar a entón aínda non anunciada emulación da Xbox 360. Rare Replay publicouse en todo o mundo como un xogo exclusivo de Xbox One o 4 de agosto de 2015.

As críticas de Rare Replay foron xeralmente favorables. Os críticos apreciaron o deseño e a confección da compilación, cualificando esta publicación como un novo pináculo para as compilacións de videoxogos. Eloxiaron as características de "rebobinado" e de "instantáneas", aínda que criticaron os problemas técnicos na emulación da Xbox 360 e na instalación dos xogos. Entre os xogos incluídos, a crítica decantouse polos clásicos de Rare para a Nintendo 64, en especial Blast Corps, e expresaron o seu desagrado pola inclusión de Perfect Dark Zero, Grabbed by the Ghoulies e dos xogos para a ZX Spectrum. Algúns críticos afirmaron sentirse decepcionados pola ausencia dos xogos da serie Donkey Kong Country e do xogo GoldenEye 007 por mor de problemas inevitables de licenzamento, mentres que outros críticos consideraron que a compilación estaba ben sen eles. A crítica destacou o contido de arquivo e as entrevistas ós desenvolvedores como unhas das mellores características da compilación, malia expresar molestia polo bloqueo destes contidos por medio da consecución de desafíos específicos dentro dos xogos.

Mecánica de xogo[editar | editar a fonte]

Xogos incluídos en Rare Replay
Os títulos en negra son
retrocompatibles con títulos de Xbox 360.
1983Jetpac
Lunar Jetman
Atic Atac
1984Sabre Wulf
Underwurlde
Knight Lore
1985Gunfright
1986Slalom
1987R.C. Pro-Am
1988
1989Cobra Triangle
1990Snake Rattle 'n' Roll
Solar Jetman
Digger T. Rock
1991Battletoads
1992R.C. Pro-Am II
1993
1994Battletoads Arcade
1995
1996Killer Instinct Gold
1997Blast Corps
1998Banjo-Kazooie (reedición)
1999Jet Force Gemini
2000Perfect Dark (reedición)
Banjo-Tooie (reedición)
2001Conker's Bad Fur Day
2002
2003Grabbed by the Ghoulies
2004
2005Kameo
Perfect Dark Zero
2006Viva Piñata
2007Jetpac Refuelled
2008Viva Piñata: Trouble in Paradise
Banjo-Kazooie: Nuts & Bolts

Rare Replay é unha compilación de 30 xogos desenvolvidos por Rare e a súa predecesora, Ultimate Play the Game, durante a súa historia de 30 anos para diversas plataformas, dende a ZX Spectrum ata a Xbox 360[1] (de 1983 a 2008), ata chegar á serie Kinect Sports de Rare.[2] Estes 30 xogos pertencen a varios xéneros, incluíndo os de loita, shooter en primeira persoa, simulación, plataformas, carreiras e deportes.[3] A compilación comeza cun número musical que inclúe a varios personaxes de Rare. Cada un dos xogos ten unha páxina principal na que se reproduce unha variación do seu tema musical característico.[2] Malia que o núcleo dos xogos mantense sen modificacións, Rare engadiu características adicionais ós xogos máis antigos. O xogador pode modificar a aparencia visual das scanlines[4] e "rebobinar" ata dez segundos de xogo naqueles anteriores á Nintendo 64.[2] OS xogos máis antigos permiten gardar a partida e realizan un gardado automático do progreso do xogador ó saír do xogo.[5] Rare incluíu tamén unha trampa que permite conseguir vidas ilimitadas nalgúns dos xogos máis antigos,[5] e arranxou un bug fatal no videoxogo Battletoads.[6] A característica de "instantáneas" presenta segmentos dalgúns dos xogos máis antigos como desafíos para o xogador, como por exemplo conseguir un determinado número de puntos dentro dun límite de tempo determinado nun escenario predefinido, unha función semellante á da serie NES Remix.[4] Algunhas destas instntáneas preséntanse conectadas de forma secuencial en formato de lista de reprodución.[7]

A emulación da ZX Spectrum mantén as idiosincrasias técnicas do hardware orixinal. Por exemplo, os gráficos teñen unha velocidade de renderización flutuante que depende do número de obxectos a procesar en pantalla. Por outra banda, a emulación de Nintendo 64 mellora a renderización de polígonos e os fotogramas por segundo.[2] As 9 edicións e reedicións de videoxogos da Xbox 360 instálanse directamente no panel de control da Xbox One de forma separada da compilación,[7] e requiren a súa activación en liña antes de que permitan o xogo sen conexión.[3] Os xogos de Xbox 360 comparten as partidas gardadas e o progreso nos logros acadados entre as consolas por medio das características de sincronización na nube de Xbox Live.[8] Rare Replay utiliza as adaptacións previas de Xbox 360 dos títulos Banjo-Kazooie, Banjo-Tooie e Perfect Dark, en lugar de emular os seus orixinais. Porén, Rare decidiu emular o título orixinal Conker's Bad Fur Day en lugar de utilizar a súa reedición para Xbox.[3] Grabbed by the Ghoulies execútase de forma nativa na Xbox One, grazas a unha adaptación que mellora a súa resolución de pantalla e fotogramas por segundo.[2][9] Rare Replay mantén os modos de xogo local e multixogador en liña dos xogos orixinais,[4] e inclúe os principais contidos descargables destes títulos.[10] Por mor de problemas de licenzamento, non se incluíron nesta compilación varios títulos clásicos de Rare, como a serie de Donkey Kong Country e o videoxogo GoldenEye 007.[4]

A compilación inclúe unha sección de contidos adicionais, "Rare Revealed", con máis dunha hora de gravación making-of centrada nos principais xogos de Rare e noutros non publicados.[4] O xogador ten que completar desafíos nos xogos para conseguir selos, que incrementean o rango do xogador e desbloquean estes contidos.[5] Para conseguir todos estes selos o xogador ten que rematar tódolos xogos e tódolos desafíos de "instantáneas", e obtén selos de forma automática se ten realizado algún progreso anterior nos xogos de Xbox 360.[2] Os documentais presentan a varios traballadores e antigos empregados de Rare, como Grant Kirkhope, mais non inclúe os fundadores do estudio Tim e Chris Stamper.[2] Rare Revealed amosa metraxe de varios xogos non publicados, entre eles unha aventura de mundo aberto titulada Black Widow, na que o xogador controla un robot con forma de araña equipado con mísiles, un modelo que Rare tiña pensado reutilizar para Kameo 2, unha continuación non publicada de Kameo. Outro dos títulos non publicados que se mostran é The Fast and the Furriest, un sucesor espiritual de Diddy Kong Racing que incluiría personalización de vehículos e circuítos modificables. Tamén se mencionan outras propiedades intelectuais planeadas da compañía como o prototipo de videoxogo de supervivencia Sundown e o videoxogo de avións Tailwind. Outros dos vídeos desta sección inclúen pistas musicais nunca empregadas nun videoxogo[11] e curiosidades sobre algunhas decisións tomadas no proceso de deseño de videoxogos, como por exemplo o deseño de personaxes para Blast Corps, características de Banjo-Kazooie e o sistema de sons deseñado para Killer Instinct.[12] Dende a publicación do xogo, Rare publicou na súa canle oficial de YouTube varios vídeos adicionais de "Rare Revealed" non incluídos en Rare Replay.[13]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Rare comezou a traballar en Rare Replay en outubro de 2014 como celebración do seu 30º aniversario,[14] procurando hacer algo único xa que consideraban que isto era un fito pouco habitual na industria.[15] Esta decisión estivo influenciada tamén pola peticións comunitarias de adaptar os títulos clásicos da compañía para a Xbox One e polo progreso na característica de retrocompatibilidade acadado por Microsoft.[16] Unha vez escollida a idea da celebración do 30º aniversario, Rare tomou a decisión de limitar a compilación a 30 títulos e publicala a un prezo de 30 dólares.[17] Para reflectir esta temática de celebración, Rare escolleu un estilo artístico de modelos de papel e unha ambientación teatral para a compilación.[16] Rare Replay formou parte dun plan de Rare para celebrar o seu pasado e de forma simultánea introducir un redeseño do seu logo, un novo sitio web e anunciar o seu seguinte título, Sea of Thieves.[9] A compañía seleccionou os 30 títulos da compilación entre 120 do seu catálogo, avaliando cada título e dándolle prioridade a aqueles que incluían personaxes e mundos orixinais da empresa, excluíndo aqueles que estaban baseados en propiedades intelectuais licenzadas, e tendo en consideración a xogabilidade en base ós estándares modernos.[18]

A maioría do traballo de desenvolvemento de Rare Replay estivo centrado en como converxer 30 xogos de seis plataformas nun único disco, e o principal desafío de enxeñaría para a súa realización foi a cantidade de xogos e plataformas emuladas en lugar do propio traballo de emulación.[15] Rare traballou en colaboración con Microsoft, que naquel momento estaba desenvolvendo en segredo as características de retrocompatibilidade da Xbox One, utilizadas por Rare nesta compilación.[9] O equipo de Microsoft axudou a preparar os nove títulos de Xbox 360 de Rare para a publicación,[16] aínda que non recuperaron os servizos en liña que xa estaban desactivados.[16] Code Mystics, empresa que previamente adaptara os títulos Killer Instinct e Killer Instinct 2 á Xbox One, colaborou con Rare nos traballos de emulación para os títulos de Nintendo Entertainment System, Nintendo 64 e os títulos para recreativas.[19] Sobre o deseño de Rare Replay, o deseñador en xefe Paul Collins afirmou que os desafíos de "instantáneas" incluíranse para animar ós xogadores a probar tódolos xogos, e que a característica de rebobinado tiña a intención de axudar ós xogadores a conseguir rematar os xogos sen que chegasen ó punto de abandonalos pola frustración da súa dificultade.[16]

Rare Replay anunciouse durante a conferencia de prensa de Microsoft na Electronic Entertainment Expo celebrada en xuño de 2015,[1] aínda que este anuncio fora filtrado unhas horas antes do comezo da conferencia.[20] A compilación publicouse como xogo exclusivo de Xbox One en todo o mundo o 4 de agosto de 2015.[1][21] Malia que os fundadores de Rare, os irmáns Stamper, non foron entrevistados para as metraxes incluídas en Rare Replay, Tim Stamper apareceu nunha entrevista da revista Develop coincidindo coa publicación da compilación.[12]

Recepción[editar | editar a fonte]

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
Metacritic84/100[22]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
EurogamerEssential[23]
Game Informer8.8/10[24]
IGN9.0/10[11]
Polygon8/10[7]
USgamer4.5/5 estrelas
Wired UK9/10[25]

Rare Replay recibiu críticas "xeralmente favorables" segundo o agregador Metacritic.[22] Acadou o primeiro posto na lista de vendas do Reino Unido, sendo a primeira exclusiva de Xbox One en conseguilo.[26][27] En norteamérica foi o sexto xogo máis vendido en agosto de 2015,[28] e foi o videoxogo da Electronic Entertainment Expo de 2015 con maior número de vendas anticipadas en Amazon.[29]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beanland compuxo e arranxou o tema de inicio, así como a música de cada xogo para o seu uso nos menús. Rich Aitken contribuíu nos arranxos da música dos menús.
Referencias

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. 1,0 1,1 1,2 McWhertor, Michael (15 de xuño de 2015). "Rare Replay for Xbox One includes 30 Rare games for $30 (update)". Polygon. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2015. Consultado o 16 de xuño de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Machkovech, Sam (3 de agosto de 2015). "Rare Replay Review: Incomplete, but Still Plenty of Timeless Gaming Smashes". Ars Technica. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Totilo, Stephen (3 de agosto de 2015). "Rare Replay: The Kotaku Review". Kotaku. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Leone, Matt (16 de xuño de 2015). "Rare Replay lets you rewind certain games, has documentary clips". Polygon. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2015. Consultado o 16 de xuño de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Rignall, Jaz (3 de agosto de 2015). "Rare Replay Xbox One Review: The Ultimate Retro Compilation". USgamer. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  6. McWhertor, Michael (9 de xullo de 2015). "Rare will fix Battletoads' nasty two-player glitch for Rare Replay". Polygon. Arquivado dende o orixinal o 22/08/2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Kollar, Philip (3 de agosto de 2015). "Rare Replay review: In times past". Polygon. Arquivado dende o orixinal o 22/08/2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  8. Good, Owen S. (27 de xuño de 2015). "Rare Replay does offer 10,000 Gamerscore — from a certain point of view". Polygon. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Cam (24 de xuño de 2015). "INTERVIEW: Rare Studio Head Craig Duncan discusses Rare Replay, E3 2015 and more". ICXM. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  10. Whitaker, Jed (24 de xuño de 2015). "Xbox One Backwards Compatible Rare Titles Include DLC for Free". Destructoid. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  11. 11,0 11,1 Sliva, Marty (3 de agosto de 2015). "Rare Replay Review: A Rare Treat". IGN. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  12. 12,0 12,1 Machkovech, Sam (5 de agosto de 2015). "Canceled Rare game details emerge thanks to Rare Replay achievement hunters [Updated]". Ars Technica. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2015. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  13. Pereira, Chris (20 de agosto de 2015). "Rare Replay's Great Behind-the-Scenes Video Series to Continue on YouTube". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  14. Loveday, Leigh (28 de setembro de 2016). "The Making of Rare Replay: Part 5". Rare. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  15. 15,0 15,1 Morgan, Paul (26 de xuño de 2015). "Rare Replay interview. Rare Gamer talks to James Thomas.". Rare Gamer. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Duncan, Daniel (1 de agosto de 2015). "EXCLUSIVE: RFDB Interview With Rare Replay Lead Designer, Paul Collins". RareFanDaBase. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  17. Nienburg, Tyler (23 de xuño de 2015). "Exclusive interview with Rare's studio head Craig Duncan". Rectify Gaming. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  18. Robinson, Nick (16 de xuño de 2015). "Why isn't GoldenEye in Rare's HD game collection? Here's their answer". Polygon. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2015. Consultado o 16 de xuño de 2015. 
  19. Loveday, Leigh (14 de setembro de 2016). "The Making of Rare Replay: Part 4". Rare. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  20. Good, Owen S. (15 de xuño de 2015). "Report: Rare classics like Battletoads returning in anthology". Polygon. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2015. Consultado o 15 de xuño de 2015. 
  21. Makuch, Eddie (4 de agosto de 2015). "Xbox One Rare Replay Review Roundup". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  22. 22,0 22,1 "Rare Replay Critic Reviews for Xbox One". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2015. Consultado o 9 de decembro de 2015. 
  23. Whitehead, Dan (4 de agosto de 2015). "Rare Replay review". Eurogamer. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  24. Hilliard, Kyle (3 de agosto de 2015). "Rare Replay: A Rare Occasion". Game Informer. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  25. Kamen, Matt (3 de agosto de 2015). "Rare Replay Review: best of the rest". Wired UK. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  26. Scullion, Chris (11 de agosto de 2015). "How the Games of ‘Rare Replay’ Laid the Groundwork For Some of Today’s Biggest Titles". Vice. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  27. Calvin, Alex (10 de agosto de 2015). "Rare gets first UK No.1 in 17 years with Rare Replay". MCV. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  28. Grubb, Jeff (10 de setembro de 2015). "August 2015 NPD: PlayStation 4 and Madden are the kings of summer". VentureBeat. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2015. Consultado o 13 de setembro de 2015. 
  29. Calvin, Alex (23 de xuño de 2015). "Rare Replay is Amazon's most-pre-ordered game announced at E3". MCV. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]