Ramón Vivero Geada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Vivero Geada
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor em Wikidata
Ourol, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de setembro de 1946 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesNovolitos Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramón Vivero Geada, coñecido como Novolitos, nado en Xerdiz (Ourol) en 1909 e finado na Coruña o 21 de setembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antigo garda de asalto. Propietario dun bar que era centro de reunión e encontros. Militante do PCE dende 1944. Enlace entre os diferentes comités comarcais e o provincial. Colaborou con Marcelino Rodríguez Fernández “Marrofer” a comezos de 1945 na posta en marcha da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Proporcionaba armas á guerrilla. Foi detido en febreiro de 1946 con Julio Nieto López e Enriqueta Otero. Xulgado na Coruña en consello de guerra por rebelión militar o 18 de xullo de 1946 no proceso 75/1946, foi condenado a pena de morte. Foi executado con garrote vil na prisión da Coruña con Julio Nieto López o 21 de setembro de 1946.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 140. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]