Julio Nieto López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 |
Morte | 21 de setembro de 1946 (38/39 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Chevol Nardo |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Julio Nieto López, Chevol ou Nardo, nado cara 1907 e finado na Coruña o 21 de setembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Antigo garda de asalto, foi capitán durante a guerra. Secretario xeral do Comité Provincial do PCE de Lugo, do que tamén formaban parte Emilio Golás e Enriqueta Otero, mantivo contactos con Xosé Castro Veiga. Foi detido en febreiro de 1946. Xulgado en consello de guerra na Coruña por rebelión militar o 18 de xullo e 1946 no proceso 75/1946,foi condenado a pena de morte. Foi executado con garrote vil na prisión da Coruña con Ramón Vivero Geada o 21 de setembro de 1946.