Ramón Godás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Godás
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1871 Editar o valor em Wikidata
Astureses, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de agosto de 1952 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo , impresor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramón Godás Justo, nado en Fontao (Astureses, Boborás) o 21 de xuño de 1871 e finado o 23 de agosto de 1952, foi un fotógrafo e impresor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Autodidacta, fabricou a súa primeira cámara el mesmo con dous caixóns encaixados e un obxectivo. Con esta cámara recolleu o que lle chamaba a atención e viaxou a Portugal para facer reportaxes sociais. Casou en 1895 con Luisa Retorta e estableceuse en San Cristovo. En 1908 trasladouse ao Carballiño e montou o seu estudio na Casa do Arfeirán. Fixo as fotos dos asasinatos de Oseira para Vida Gallega en 1909 e tamén fotos de estudo. Posteriormente mercou un terreo e construíu a súa casa na rúa Bugallal con imprenta e estudo fotográfico denominado La Ibérica. Nesta imprenta editáronse os periódicos El Sol e Hermandad. Nos anos trinta fundou a empresa Automóviles Godás, que facía a ruta do Carballiño a Ribadavia, Ourense e Dadín. Tamén foi o operador do primeiro cine do Carballiño, o Pabellón Neira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a súa ideoloxía esquerdista causoulle problemas, foi perseguido e estivo unha tempada refuxiado en Verín na casa do seu fillo Maximino. Os seus fillos e netos seguiron exercendo como fotógrafos e impresores. Foi soterrado en Señorín.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rodríguez, Xosé Manuel (1993). Ramón Godás. Fotógrafo e impresor. O Carballiño: XOCIVIGA.