Rally da Coruña de 1995

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally Internacional Cidade da Coruña de 1995
CategoríaGalicia Galicia
OrganizadorEscudería La Coruña
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos18
Distancia tramos229.28 km
Gañadores
Piloto campiónEspaña Miguel Martínez-Conde
AnteriorRally da Coruña de 1994
SeguinteRally da Coruña de 1996

O Rally da Coruña de 1995 foi a 13ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys e foi proba reserva do Campionato de Europa de Rally. Celebrouse entre o 17 e o 18 de setembro de 1995 e o vencedor foi Miguel Martínez-Conde.[1]

Itinerario[editar | editar a fonte]

Constou de 18 treitos que sumaban 229.28 km. O día 17 disputáronse os tramos de Aranga, Monfero e Campolongo, con dúas pasadas a cada un e o domingo os demais: Rus, Couso, Santo Adrián, A Tablilla, Meirama e Soandres, tamén con dúas pasadas por cada un deles.[2]

Resumo[editar | editar a fonte]

A carreira resultou nun man a man entre o cántabro Miguel Martínez-Conde e o ferrolán Germán Castrillón, duelo que rematou no penúltimo treito ao sufrir Castrillón unha saída da estrada e a rotura do cárter.[1] Aproveitou o seu abandono Óscar Outeiriño, que se fixo coa segunda praza, mentres que o terceiro caixón do podio ocupouno Javier Azcona, que remontou posicións tras un mal comezo de rally no que tivo que substituír o palier e sufriu unha penalización de 4 minutos. Por detrás chegou Miguel Dopico, que coa cuarta praza e o abandono de Castrillón, asegurou matematicamente o título de campión de Galicia de rally.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1 España Miguel Martínez-Conde España Felipe Alonso Renault Clio Williams 2h44:45
2 Galicia Óscar Outeiriño Galicia Ramón Pereira BMW M3 2h53:14
3 España Javier Azcona Italia Inma Vittorini Renault Clio Williams 2h54:05
4 Galicia Miguel Dopico Galicia Álvaro Louro Ford Escort RS Cosworth 2h58:47
5 España Antonio Garrido España José Alfonso Álvarez Ford Escort RS Cosworth 3h00:38
6 España David Nafría España Queralt Díaz Peugeot 106 Rallye 3h05:42
7 España Vicente Pastor España José Antonio Santalla Peugeot 106 Rallye 3h08:24
8 España Roberto Solís España Vicente Pastor Peugeot 106 Rallye 3h11:11
9 Galicia Manuel García Lorenzo Galicia José Manuel Pinal Renault Clio Williams 3h13:44
10 Galicia Ruperto Reguera Galicia Alberto Iglesias Pin Renault Clio Williams 3h18:05
11 España Félix Álvarez España Hugo Feito Renault Clio Williams 3h18:55
12 España Félix García España Miguel Ángel García Hyundai Pony 3h19:18
13 Galicia Vicente Posada Galicia Fernando Abalde Citroën AX GTI 3:20:39
14 España Atanasio Iglesias España Francisco Cruz Hyundai Pony 3:20:46
15 España Ignacio Sanfilippo España Eduardo Incera Peugeot 106 Rallye 3:22:59
16 Galicia Roberto Rendal Galicia Pablo Candal Peugeot 106 Rallye 3:23:27
17 España José Luis Carrera España Fernando Puras Renault Clio Williams 3:23:37
18 Galicia Pedro Burgo Galicia Manuel Sandamil Peugeot 205 Rallye 3:28:28
19 Galicia Manuel Losada Galicia J. M. Ramo Peugeot 106 Rallye 3:47:26
20 Galicia Francisco Javier Pedreira Galicia Mercedes Bouza Citroën AX GT 3:50:05
Abandonos
- Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Escort RS Cosworth
- Galicia Arturo Rial Galicia Juan Carlos Arias Citroën ZX 16V
- España Roberto Méndez España Fernando dos Santos Ford Escort RS Cosworth
- España Daniel Sordo Cayuso España Amadeo Aguirre Ford Escort RS Cosworth
- España Alfonso Loza España José Enrique Serrano Renault Clio Williams
- Galicia Alberto Tombo Galicia Daniel Rivera Renault Clio Williams
- Galicia Jorge Pérez Pérez Galicia Luis Pérez Pérez Renault Clio Williams
- España Miguel Fuster España José Vicente Medina Peugeot 106 Rallye
- España Rubén González España José Iván Caballero Peugeot 106 Rallye
- Galicia Luis Carballido Citroën AX GT
- España Manuel Cabo España Ezequiel Nazábal Hyundai Pony
- Galicia Sandro Lóriga Galicia Pablo Franco Renault Clio Williams
- T. Rodríguez L. García Citroën AX Sport

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Arévalo, F. (19 de novembro de 1995). "Martínez Conde se quedó sin rivales". La Voz de Galicia (en castelán). p. 60. 
  2. "Treitos". ewrc-results.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally San Froilán
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1995
Sucesor:
Rally de Ferrol