Rafael Correa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Correa, en 2007.

Rafael Vicente Correa Delgado, nado en Guayaquil o 6 de abril de 1963, é un economista e político esquerdista ecuatoriano. É o presidente da República do Ecuador dende o 15 de xaneiro de 2007.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de clase media no centro de Guayaquil. O seu pai foi Rafael Correa Icaza e a súa nai é Norma Delgado Rendón. Está casado con Anne Malherbe Gosseline, profesora de nacionalidade belga nada en 1969, á que coñeceu en 1990 na Universidade Católica de Lovaina e é nai do seu tres fillos: Sofía, Anne Dominique e Rafael Miguel.

Rafael Correa é un político de ideoloxía de esquerda bolivariana, na liña do denominado Socialismo do século XXI que aplican os seus homólogos o venezolano Hugo Chávez e o boliviano Evo Morales. Defínese a si mesmo como humanista cristián de esquerda.[Cómpre referencia]

O Goberno de Correa afirma que recoñeceu aos grupos indíxenas que non queren manter contacto co mundo desenvolvido e estabeleceu unha política de Estado para os pobos en illamento voluntario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Rafael Correa

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]