Rachel Bilson
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rachel Sarah Bilson, nada o 25 de agosto de 1981 nos Ánxeles , é unha actriz estadounidense.
Traxectoria[editar]
Bilson é filla do guionista de televisión Danny Bilson e por influxo seu comezou a aparecer en anuncios para a televisión, a partir de 2003 comezou a aparecer en episodios de Buffy the Vampire Slayer e 8 Simple Rules for Dating My Teenage Daughter, facéndose coñecida pola súa interpretación de Summer Roberts na serie The O.C. (2003-2007). Bilson fixo a súa primeira aparición no cine en 2006 con The Last Kiss, actuando tamén no filme de 2008 Jumper.
