Adam Brody
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adam Jared Brody, nado o 15 de decembro de 1979 en San Diego (California), é un actor de televisión e cine estadounidense.
[editar] Traxectoria
Comezou a súa carreira en 1995, aparencen en Gilmore Girls e outras series, chegando á fama polo seu papel como Seth Cohen, un mozo de dezasete anos, en The O.C.[1]. Posteriormente interpretou varios papeis no cine como Mr. & Mrs. Smith, Thank You for Smoking, Jennifer's Body, In the Land of Women e Cop Out e coprotagonizou Scream 4.[2]
[editar] Notas
- ↑ Stein, Joel. "Looking for Mr. Adorkable", Time, 12-4-2007. Consultado o 14-10-2010.
- ↑ Three More Join Scream 4. Consultado o 14-10-2010.