Licor café

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chupitos con crema de augardente e licor café.

O licor de café ou licor café é un licor a base de café, azucre e augardente, que pode ser consumido só ou como ingrediente de sobremesas ou cócteles. Apareceu en Xamaica no século XVII. Moi popular en Galicia, especialmente no sur, faise a partir da augardente de bagazo.

Pode tomarse con xeo, ou quente cunha nube de nata. Existen numerosas variedades, aromatizadas con moitos outros ingredientes, como a vainilla.

Cócteles que utilizan o licor de café [editar]